DISFRACES ENTOIDO

Benqueridas familias:

Xa temos listo o modelo de disfraz para a festa do Entroido.

Este ano como ben sabedes, na Escola Infantil “A Canteira” estamos a traballar nun proxecto sobre as artes, Este ano como ven sabedes na Escola Infantil “A Canteira” estamos a traballar “As Artes” .

Na aula 1 iremos de Músicos e na aula 2 de Pintores. Deste xeito, os modelos de disfraz serán :

Na aula 3 centrámonos na arquitectura, así que ocorréusenos ir de casas. Este é o modelo:

Na aula 4 centrámonos na escultura, así que ocorréusenos ir, coma non, dunha escultura famosa: “A Estatua da liberdade” . Este é o modelo que tedes que facer na casa os pais, excepto a antorcha, que o faremos as profes no cole cos nenos/as:

Na sala 5 como eliximos a arte do baile, iremos disfrazados de bailarín(a)s co traxe rexional galego, para o cal necesitamos da vosa colaboración.

Na sala 6 iremos de Vaca LOLA

E na sala 7 iremos disfrazados de fotógrafas e fotógrafos, cun chaleco de cores e cunha cámara, e para iso necesitamos un pouco de axuda!

Que fixemos no mes de xaneiro na sala 5

Bos días a tod@s!

Coma tódolos meses, en xaneiro tamén apareceu o Gato Garabato pola escola para deixarnos unhas sorpresiñas… instrumentos musicais para traballar esa arte que tanto nos gusta @s bailaríns. E para chegar ó tesouro, tivemos que seguir o rastro das espiñas que lle caeron ó despistado michiño.

E cos agasallos do Gato Maragato, ensaiamos sen parar cos nosos gorros de músicos. Menudos concertos demos! Música melodiosa por un lado, e polo outro… as harmoniosas voces das “profes” cantando cancións do noso cancioneiro popular feito coa axuda das familias. Entre tod@s constituimos unha boa orquestra!

Tamén fixemos un bailongo cos compis da sala 6, ó son da gaita da “profe” María.

Pero como non todo vai ser festa… tamén traballamos a música dunha maneira máis didáctica: traballamos o son e o silenzo, traballamos a psicomotricidade fina facendo instrumentos de percursión e pintando instrumentos musicais…

E para variar un pouquiño de tanta música, canción e baile… Introducimos unhas notas de xelatina e chocolate nun pentagrama de papel!!!

Biquiños para tod@s e a seguir trouleando!

Que fixemos no mes de Xaneiro na aula 7

Este mes de xaneiro apareceu na escola espinas de peixe por toda escola,. Seguimos os restos ate atopar un agasallo que nos deixou o Gato Garabato.

Trouxo fotografías de instrumentos musicais de corda, vento e percusión coas que decoramos un recanto da aula.

Aproveitando que temos un compi músico, invitámolo á aula para que nos tocara coa guitarra unhas cantas melodías. Como nos gustou!.

Este mes tocamos un  montón de intrumentos dende maracas, piano, guitarras, tambores…pero sen dúbida o que mais nos sorprendeu foi esta estupenda batería. Dimosllo todo.

Para decorar o patio fixemos un estupendo pentágrama.

Necesitaba unhas notas musicais que fomos pegar e descubrimos que hai notas que soan e outras que non.

Que fixemos no mes de Xaneiro na aula 6

Ola, qué tal vai todo? Por aquí seguimos superactivos e coa creatividade polas nubes. Imos contarvos qué fixemos durante o mes de Xaneiro. Mirade, mirade…

Xaneiro foi o mes da música, así que comezamos seguindo as espiñas que foi deixando o gato garabato que nos levaron ata unha ¡gaita! . Soaba moi ben e ó seu ritmo botámoslle uns bailes no patio xunto ós amigos da sala 5.

Tamén fixemos uns intrumentos musicais: maracas, violíns e pandeiretas. ¡Quedounos todo moi moi ben! ¿a que sí?

E para decorar a aula pintamos uns cedés e despois pegámoslles pompóns e colgámolos do teito. Son moi bonitos e brillan moito co sol.

Pero tamén fixemos outras actividades: gardamos cousiñas nas caixas da vida, xogamos cos calcetíns, … e mirade qué ven nos portamos mentres esperamos o conto na alfombra. Ah! E levámoslle a Celia, a nosa cociñeira, unhas pataquiñas que collemos na horta e fíxonolas con peixiño. Qué sorte temos!

Ata o próximo mes!!!

Que fixemos no mes de Xaneiro na aula 4

Que rápido pasa o tempo! Xa rematamos xaneiro, e aprendemos un montón a cerca da música, dos instrumentos…

Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que fixemos este mes: escoitamos música variada ( música clásica, pop, cantigas galegas, rock, música infantil,…) , manipulamos distintos instrumentos e fixemos os nosos propios, e ata tivemos unha visita moi, moi especial: o noso director Riki nos veu a tocar a guitarra!!!. Foi todo moi divertido e aprendemos moito.

Queremos agradecer a todas as familias a súa participación, e aportacións de material! Mil gracias!

Que fixemos no mes de Xaneiro na aula 3

Este mes foi moi movido, xa que estivemos a traballar a danza. Menudos bailongos fixemos! Tamén tocamos e experimentamos con diferentes instrumentos e escoitamos diferentes tipos de música: heavymetal, pop, mexicana, galega, flamenco…

A parte disto fixemos cousas novas como pintar con remolacha, facer crebacabezas…

Que fixemos o mes de Xaneiro na aula 1

NIVEL I

Aula 1

Xa pasamos o mes de xaneiro no que traballamos a música. Que ben o pasamos cantando cancións e manipulando instrumentos musicais. A algúns nos gusta moito bailar mentres escoitamos o concerto do gaiterito Ramón. Nos portamos moi ben e cada vez somos máis maiores. Gracias pola vosa participación no noso cancioneiro viaxeiro. Uns saúdo e ata o mes que ven.