E chegou decembro… e chegou o tempo de pintar o Nadal.
Coma tódolos meses, o Gato Garabato deixounos unha sorpresiña… material para traballar a arte da pintura!
Agora imos destacar as nosas obras máis representativas:
Pintamos unha obra grupal abstracta con remolacha.

Pintamos bólas de Nadal coas que fixemos logo unhas tarxetiñas para felicitarnos as festas.


E tamén pintamos caixas de ovos coas que fixemos logo unha árbore de Nadal.


E a nosa árbore de Nadal feita con caixas de ovos, decorámola cos adornos Navideños que fixemos nas nosas coas coas familias. Pero aínda así, foi unha alegría desempaquetalas, porque un agasallo sempre é motivo de sorpresa.



Outra grande sorpresa foi o obradoiro de maracas que nos fixo a nai dun amiguito da sala 7. Fixemos maracas con bólas de Nadal, paos chinos e arroz e logo cantamos panxoliñas.


E xa rematou o Nadal e xa comezamos un ano novo, que de seguro seguiremos disfrutando tanto como o pasado ou incluso mellor.
Un biquiño para tod@s e moitas grazas por estar sempre tan pendientes de nós.
Hola de novo familias!
Aquí vos deixamos unha mostra do moito que traballamos no mes de decembro.
Cada día estamos máis maiores, xa facemos o tren moi ben para desprazarnos pola escola e avanzamos moito na nosa autonomía.
Este mes adicámolo á pintura, pintamos con moitos material e con técnicas distintas: con remolacha, con chocolate,…coa man, con pincel, con esponxa….
Pasámolo xenial! E para xaneiro comezamos coa música!