ACTIVIDADES DE NADAL
EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS
Benqueridas familias:
Dende a escola querémosvos animar a participar nas actividades que levaremos a cabo na escola durante este mes de decembro.
– VENRES COLORIDOS. Coa finalidade de traballar a arte da pintura e as cores, os tres últimos venres deste ano viremos todos/as vestidos/as dunha cor.
o Venres 13: roupa de cor AZUL
o Venres 20: roupa de cor VERMELLA
o Venres 27: roupa de cor AMARELA
– OBRADOIRO DE MARACAS. O próximo martes 17, levaremos a cabo un obradoiro para facer maracas navideñas coa colaboración dunha nai da sala 7. Para iso necesitamos que nos traiades unha bóla de nadal e un pao chino. Se hai algún familiar interesado en axudar, que non dubide en avisarnos.
– COLLAGE NAVIDEÑO. Para traballar a temática da arte da pintura en familia, agradeceríamos que o mércores 18 nos agasallasedes cunha obra artística, feita na casa polo neno/a coa colaboración da familia, en tamaño DIN A3. A temática é libre, pero estaría ben que contivese algún elemento navideño (dourados, prateados, brillantinas).
Logo, xuntaremos todas as obras a aula para facer unha composición artística coa que decoraremos o patio. Poderedes disfrutar deste collage familiar o día da festa.
Un saúdo, o equipo educativo do Nivel III