Que ben o pasamos en novembro no Nivel III

SALA D@S BAILARÍNS

Como vai todo, familias?

Nós traballando cada día máis e máis, alternando a estación do outono coa arte da escultura que estivemos traballando en novembro.

Manipulamos granadas e mandarinas.

Pintamos noces para decorar o patio, pintamos un mural coas cores do outono para decorar a aula e decoramos o cesto das castañas para a festa do magosto!

E, coma tódolos meses, este mes de novembro o Gato Garabato deixounos unhas sorpresiñas: agasallos relacionados coa escultura. Así que seguimos traballando esta arte modelando e pintando masa de sal e facendo a escultura d@s bailaríns, á que lle demos a forma que mellor coñecemos. Gústavos?

E entre escultura, baile e pintura, seguiremos por aquí danzando…

Biquiños!

SALA DA VACA LOLA

Ola de novo. Outro mes que rematou e nós que non paramos. E se non o creedes mirade, mirade…

Comezamos facendo as casiñas dos tres porquiños, xa que nos gustou moito este conto e nós somos uns artistas, así que non nos puidemos resistir. ¿qué vos parecen? Están as tres, a de palla, a de madeira e a de ladrillo.

Tamén adicamos algún tempo a labores típicas desta época como debullar as fabas e o millo. Dásenos moi ben, aínda que o millo nos gusta máis comelo nas tortiñas.

Como non, celebramos o magosto e fixemos unhas cestiñas ben xeitosas para que nolas encheran de castañas ben quentiñas as castañeiras que nos viñeron visitar.

E como Novembro foi o mes da escultura fixemos algunhas cousiñas: unha vaca de lunares que pon ovos, unha escultura un pouco abstracta con caixas e tubos e uns cacharriños de barro como os que fan en Buño, ¿coñecédelo?

Podedes ver o resultado na exposición, nada máis que decir. Ata o mes que ven.

SALA DOS FOTÓGRAFOS E DO CINE

Este mes imos traballar a escultura. Para introducila na aula o Gato Garabato deixounos a imaxe da estatua do Che, un dos elementos arquitectónicos máis próximo ao centro. Con el dimos comezo a esta temática.

Aproveitando o Samaín e un dos seus elementos principias, as cabazas, os fotógrafos sacaron tallada delas para esculpir as caras máis terroríficas destas festas…Para isto empreñaron toda a súa enerxía, maña e gana de traballar…

Con estes días tan solleiros que tivemos puidemos saír o xardín e ao areeiro. Os fotógrafos non nos gusta nada desperdiciar a nosa creatividade e cargados de ferramentas fixemos castelos, figuras coa area e todo o que deu lugar na nosa imaxinación…

Ata dos condimentos mais básicos e sinxelos poden saír grandes elaboracións. Preparamos unha masa de sal a que lle engadimos colorante para facela máis divertida. Traballando en equipo puidemos facer grandes esculturas.

Despois duns días imos ver o traballo que fixemos na aula sobre a coeducación!