Benqueridas familias:
Case sen darnos conta xa está aquí o Nadal, e dende a escola querémosvos animar a participar da festa que se celebrará o vindeiro 20 de decembro.
Este ano gustaríanos facer unha pequena representación teatral tendo como fío conductor a tradición de “O Apalpador”, para quen non a coñeza:
Trátase da figura mítica dun carboeiro que baixa a noite do 24 ou 31 de decembro, a tocar a barriga dos nenos/as para ver se comeron suficiente durante o ano, deixando un montón de castañas, algún agasallo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.
Para iso soliciatmos da vosa participación: precisamos unha nai/pai, avó/avoa, tío/tía… para facer de Apalpador, tamén varios familiares para facer de nenos/as . O máis importante e que teñades moitas gañas de pasar un momento divertido.
A caracterización de O Apalpador sería algo moi sinxelo: unha camisa de cadros, un pantalón de pana, unha perruca e unha barba roiba e unha boina, pero non vos preocupedes que nós encargámonos de todo iso!
As persoas que esteades interesadas en participar falade cos titores dos vosos fillos o antes posible, xa que o tempo se nos bota enriba.
Sabede que o equipo educativo vaivos a dar o texto da historieta, e estaría encantado en quedar para ensaiar antes da estrea.
Non o pensedes máis, ide falar axiña para empezar canto antes.
Moitas grazas pola vosa colaboración
Un saúdo, o equipo da Escola Infantil A Canteira