SALA 7 DOS FOTOGRÁFOS E CINEASTAS

A historia dos Tres Porquiños

Os maiores arquitectos que coñecemos son os Tres Porquiños…, e como nos gusta moito sentarnos na alfombra e escoitar este conto tradicional, queríamos compartir convos este momento.

Aquí deixamosvos uns pequenos vídeos onde podedes escoitar outra versión da historia.

Da gusto ver as súas caras, e o manexo das emocións cando aparece o lobo… AUUUUUUU



3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

LEMBRADE

  • A ESCOLA PERMANECERÁ PECHADA OS DIAS 24, 25, 31 DE DECEMBRO E 1, 6 DE XANEIRO.
  • O VENRES 20 PECHAMOS AS 15:00 PARA PREPARAR A FESTA DE NADAL POLO QUE NON HABERÁ SERVIZO DE DORMITORIO.

ACTIVIDADES   DE   NADAL

EN   COLABORACIÓN   COAS   FAMILIAS

Benqueridas familias:

Dende a escola querémosvos animar a participar nas actividades que levaremos a cabo na escola durante este mes de decembro.

VENRES COLORIDOS. Coa finalidade de traballar a arte da pintura e as cores, os tres últimos venres deste ano viremos todos/as vestidos/as dunha cor.

o Venres 13: roupa de cor AZUL

o Venres 20: roupa de cor VERMELLA

o Venres 27: roupa de cor AMARELA

OBRADOIRO DE MARACAS. O próximo martes 17, levaremos a cabo un obradoiro para facer maracas navideñas coa colaboración dunha nai da sala 7. Para iso necesitamos que nos traiades unha bóla de nadal e un pao chino. Se hai algún familiar interesado en axudar, que non dubide en avisarnos.

COLLAGE NAVIDEÑO. Para traballar a temática da arte da pintura en familia, agradeceríamos que o mércores 18 nos agasallasedes cunha obra artística, feita na casa polo neno/a coa colaboración da familia, en tamaño DIN A3. A temática é libre, pero estaría ben que contivese algún elemento navideño (dourados, prateados, brillantinas).

Logo, xuntaremos todas as obras a aula para facer unha composición artística coa que decoraremos o patio. Poderedes disfrutar deste collage familiar o día da festa.

Un saúdo, o equipo educativo do Nivel III

Que ben o pasamos en novembro no Nivel III

SALA D@S BAILARÍNS

Como vai todo, familias?

Nós traballando cada día máis e máis, alternando a estación do outono coa arte da escultura que estivemos traballando en novembro.

Manipulamos granadas e mandarinas.

Pintamos noces para decorar o patio, pintamos un mural coas cores do outono para decorar a aula e decoramos o cesto das castañas para a festa do magosto!

E, coma tódolos meses, este mes de novembro o Gato Garabato deixounos unhas sorpresiñas: agasallos relacionados coa escultura. Así que seguimos traballando esta arte modelando e pintando masa de sal e facendo a escultura d@s bailaríns, á que lle demos a forma que mellor coñecemos. Gústavos?

E entre escultura, baile e pintura, seguiremos por aquí danzando…

Biquiños!

SALA DA VACA LOLA

Ola de novo. Outro mes que rematou e nós que non paramos. E se non o creedes mirade, mirade…

Comezamos facendo as casiñas dos tres porquiños, xa que nos gustou moito este conto e nós somos uns artistas, así que non nos puidemos resistir. ¿qué vos parecen? Están as tres, a de palla, a de madeira e a de ladrillo.

Tamén adicamos algún tempo a labores típicas desta época como debullar as fabas e o millo. Dásenos moi ben, aínda que o millo nos gusta máis comelo nas tortiñas.

Como non, celebramos o magosto e fixemos unhas cestiñas ben xeitosas para que nolas encheran de castañas ben quentiñas as castañeiras que nos viñeron visitar.

E como Novembro foi o mes da escultura fixemos algunhas cousiñas: unha vaca de lunares que pon ovos, unha escultura un pouco abstracta con caixas e tubos e uns cacharriños de barro como os que fan en Buño, ¿coñecédelo?

Podedes ver o resultado na exposición, nada máis que decir. Ata o mes que ven.

SALA DOS FOTÓGRAFOS E DO CINE

Este mes imos traballar a escultura. Para introducila na aula o Gato Garabato deixounos a imaxe da estatua do Che, un dos elementos arquitectónicos máis próximo ao centro. Con el dimos comezo a esta temática.

Aproveitando o Samaín e un dos seus elementos principias, as cabazas, os fotógrafos sacaron tallada delas para esculpir as caras máis terroríficas destas festas…Para isto empreñaron toda a súa enerxía, maña e gana de traballar…

Con estes días tan solleiros que tivemos puidemos saír o xardín e ao areeiro. Os fotógrafos non nos gusta nada desperdiciar a nosa creatividade e cargados de ferramentas fixemos castelos, figuras coa area e todo o que deu lugar na nosa imaxinación…

Ata dos condimentos mais básicos e sinxelos poden saír grandes elaboracións. Preparamos unha masa de sal a que lle engadimos colorante para facela máis divertida. Traballando en equipo puidemos facer grandes esculturas.

Despois duns días imos ver o traballo que fixemos na aula sobre a coeducación!

Estimadas familias:

Desde o equipo educativo, e para continuar co desenvolvemento da proposta DA CAIXA DA VIDA, precisamos da vosa colaboración unha vez máis.

Sabedes que A CAIXA DA VIDA é un elemento que acompañará ó neno/a ó longo dos cursos, desde o comezo da súa escolarización na escola A Canteira, ata o final da mesma.

Chegado o Nadal, gustaríanos incorporar na mesma un elemento novo para que teñan de recordo. Para elo pensamos que desde a casa poderiades elaborar cos/cas vosos/vosas fillos/fillas un elemento de decoración navideña (bola, estrela, campá…) con materiais de refugallo.

Este elemento de decoración tería que vir envolto en papel de agasallo e entregalo ás/ós titoras/es o xoves 12 de decembro, coa fin de que ese este día, entre todos os desempaquetemos e colguemos no patio, para poder admiralos o día da festa (20 de decembro).

Unha vez rematada a festa, recolleríanse e gardaríanse nas correspondentes caixas da vida.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Benqueridas familias:

Case sen darnos conta xa está aquí o Nadal, e dende a escola querémosvos animar a participar da festa que se celebrará o vindeiro 20 de decembro.

Este ano gustaríanos facer unha pequena representación teatral tendo como fío conductor a tradición de “O Apalpador”, para quen non a coñeza:

Trátase da figura mítica dun carboeiro que baixa a noite do 24 ou 31 de decembro, a tocar a barriga dos nenos/as  para ver se comeron suficiente durante o ano, deixando un montón de castañas,  algún agasallo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.

Para iso soliciatmos da vosa participación: precisamos unha nai/pai, avó/avoa, tío/tía… para facer de Apalpador, tamén varios familiares para facer de nenos/as . O máis importante e que teñades moitas gañas de pasar un momento divertido.

A caracterización de O Apalpador sería algo moi sinxelo: unha camisa de cadros, un pantalón de pana, unha perruca e unha barba roiba e unha boina, pero non  vos preocupedes que nós encargámonos de todo iso!

As persoas que esteades interesadas en participar falade cos titores dos vosos fillos o antes posible, xa que o tempo se nos bota enriba.

Sabede que o equipo educativo vaivos a dar o texto da historieta,  e estaría encantado en quedar para ensaiar antes da estrea.

Non o pensedes máis, ide falar axiña para empezar canto antes.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Un saúdo, o equipo da Escola Infantil A Canteira

Titoría grupal Sala do Fotógrafos e do Cine

Perillo 5 de decembro de 2013

Benqueridas familias:

Pasado uns meses dende o inicio do curso vemos necesario facer unha pequena titoría grupal para informarvos da evolución do grupo en xeral; do traballo que estamos realizando na aula e de como son esas primeiras interacción cos iguais e cos adultos da aula.

Como algúns de vos xa sabedes estamos observando no xogo simbólico dos nenos e nenas da Sala do Cine e Fotografía, que comezan a reproducir patróns de personaxes de debuxos animados que polo seu contido no son facilmente asimilables nesta etapa evolutiva.

Gustarianos poder ter un momento de reflexión entre todos, xa que moitas veces coas présas e no día a día non lle adicamos tempo para centrarnos en aspectos tales como o comportamento do grupo.

Deixámosvos un artigo relacionado con un dos temas nos que xirará a titoría; sería moi positivo que lle votarades un vistazo antes da xuntanza que terá lugar o vindeiro 10 de decembro de 16:30- 17:30 na Sala do Cine.

Esperamos que asistades e entre todos poder elaborar estratexias de traballo en cooperación.

Un saúdo Katia e Cecilia

Click imaxe para ver artigo

¡Que ben o pasamos o mes de Novembro!!

AULA 3

Xa pasou outro mes, e tivemos de novo a visita do gato Garabato. Non o vimos pero seguimos as súas pistas, o rastro dun montón de pelos de cores que deixou pola escola que nos levaron ata a entrada onde nos deixou material de modelaxe e una foto da escultura da Pardela do Castelo de Sta. Cruz.

Entre outras cousas, experimentamos con outros tipos de material co que modelamos formas, como o xeo con chocolate derretido; tamén manipulamos e probamos froitas do tempo (granadas, mandarinas…), unha forma divertida de traballar os sentidos e a motricidade fina.

E seguimos avanzando na nosa autonomía: o paso de gatear a andar, de andar a correr, a destreza á hora de manexar os cubertos na hora do xantar… que maiores somos!

AULA 4

Boas familias!

Aquí vos deixamos unhas fotiños coas que queremos mostrar canto traballamos este mes; manipulando diferentes elementos cos que creamos as nosas super esculturas!

Traballamos con plastilina, con pasta de modelar, con xeso,… sen esquecernos dos produtos do outono.

Pero non todo vai ser traballar, tamén desfrutamos dos bos días no xardín e xogamos un montón:


novoResolución da Xerencia pola que se acorda a tramitación urxente do proceso extraordinario de baremación do mes de decembro nas escolas infantís