Queridas familias:
Dende a Escola querémosvos informar de que se están dando casos de GASTROINTERITE. Tal e como queda recollido no art. 27 do Regulamento Interno das Escolas Infantís, queremos pedirvos a vosa colaboración, para que se cumpra esta normativa sobre saúde, na que se especifica que “Os/as nenos/as deberán acudir á Escola Infantil en condicións correctas de saúde e hixiene”.
Lembrarvos tamén, que unha vez que a escola detecte un caso de enfermidade infecto-contaxiosa, como é a gastrointerite, o/a neno/a non poderá asistir á escola durante 3 días, co fin de que se recupere ben na casa e evitar así posibles contaxios ós/as compañeiros/as e educadores/as e a consecuente propagación da enfermidade.
Polo tanto, tal e como especifica o Regulamento Interno no artigo sinalado, “non serán admitidos no centro os nenos/as que padezan enfermidades infecto-contaxiosas, sen o certificado médico que acredite que o neno/a ten un bo estado de saúde”.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
A Dirección da Escola Infantil “A Canteira”.