Ola a tod@s!
Parece que aínda foi onte cando comezou o curso e @s amiguiñ@s da sala 5 non parábamos de chorar… Custounos un pouquiño, pero xa dá gusto vernos!
De verdade que nos queredes ver en acción? Pois preparádevos para disfrutar desta pequena selección de fotos que fomos recollendo durante este mes de outubro: MIRADE! MIRADE!
O primeiro que traballamos foi a adquisición de rutinas: o momento do encontro e do conto, o momento do almorzo, o momento do patio ou xardín exterior, o momento do comedor, e finalmente, o momento da actividade.
Uns días almorzamos galleta, outros días almorzamos froita… os días de bo tempo aproveitamos para almorzar no xardín. E sempre, sempre, acompañamos o almorzo con auguiña para hidratarnos ben!
No patio interior pasámolo xenial cos coches, motos e bicis, pero sen dúbida, en ningún sitio disfrutamos tanto coma nos xardíns exteriores.
E como xa sabedes, neste curso recibimos polas noites a visita do artista “O Gato Garabato”. Aproveitamos o momento do encontro para ler o seu conto e coñecelo un pouco: encántalle pintar, interpretar, construír… e viaxar!
Nunha das súas viaxes mandounos unha postal cunha foto dunha actuación de danza. Entón foi cando decidimos que nós seríamos a sala dos bailaríns, porque tamén nos encanta bailar coma a el! E así foi como outro día pintamos o Gato Garabato de cores e logo pegámoslle papeliños para decorarlle o tutú. Quedounos precioso!
Un día recibimos a súa postal, pero outro día tamén recibimos… a súa visita!!! O que pasa é que non o puidemos ver porque veu pola noite coa luz da lúa chea. Pero nos adiviñamos que viñera porque vimos no chan unhas pegadas de cores. Así que decidimos seguir esas pegadas ata que nos atopamos cunha sorpresa que el nos deixara pola noite: material para construír!
Así foi como comezamos a traballar a arquitectura, pero tamén chegou o Samaín, entón aproveitamos as cabazas para decoralas en forma de casas.
Ufff… só de recordar todo o que fixemos xa estamos agotad@s, así que imos tod@s descansar para recuperar.
Pero seguiremos por aquí, con Yoli e coas novas “profes”: Katia e Carmen. E a Lidia, seguirémola vendo de vez en cando que nos vén dar unha visitiña. Non sabemos que lle pasou, pero ultimamente anda moi desaparecida… Nós pensamos que vai de viaxe co Gato Garagato.
Ata outra familias!!!
Da gusto ver o grupo da Sala 5. Como costou a adaptación…. pero vendo as fotos é fácil adiviñar como cambiou o conto. Que felicidade! Seguide así profes!