Menú principal
Ola a tod@S!!
Os amiguiños da sala 6 non perdemos nada o tempo este comezo de curso… Na nova aula había moitas cousas que descubrir; xogamos cos animaliños da granxa, cos bolsos, cos contos,… pero sen dúbida o que tivo un maior éxito foi o restaurante: coas súas mesas, a cociña e tódolos cacharriños que había nela. Fixemos e servimos un montón de comidas e bebidas. ¡O peor era recollelo logo todo!
Por certo, o gato garabato díxonos na carta que a nosa era a sala da literatura e a historieta. Por iso decicimos poñer na porta á vaca Lola, á que lle gusta ler contos a todas horas e para que non se aburra rodeámola dun montón de libriños que nos gustan moito a nós tamén. ¡A que nos quedou ben chula!
E, como non podía se doutra maneira vimos, tocamos e sobre todo probamos tódolos froitos que nos trae o outono: noces, granadas, cabazas,…uns larpeiriños! Bueno, os cogumelos só os ulimos e tocamos. Tamén aproveitamos para poñer algún na cristaleira, xunto con follas secas e castañas. ¡Fixéronnos moita graza!
Ata pronto, xa vos seguiremos contando!