A SALA DOS PINTORES NO MES DE NOVEMBRO

Xa temos as fotos do mes de Novembro da sala dos pintores. Xa empezamos a facer as nosas pequenas asambleas e disfrutar dos contos e cancións a primeira hora da mañá.  Logo saímos ao estanque para facer actividades en común coa aula 1: xogar con pelotas, manipular e experimentar con plásticos etc.

¡Que as disfrutedes!

A SALA DOS MÚSICOS NO MES DE NOVEMBRO

Xa temos as fotos do mes de Novembro da sala dos músicos donde tivemos, como actividades estrela, a visita  das nosas entrañables castañeiras, que nos trouxeron cousiñas para xogar, ea manipulación e experimentación con plásticos.

MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2013/2014

Prezadas  familias:

Queremos informarvos de que a ANPA da escola será a encargada de xestionar os 20 €, que cada familia terá que aportar para o material escolar deste curso 2013/2014.

Podedes ingresar esa cantidade no seguinte Número de Conta que poñemos á vosa disposición:

Entidade: Banco Pastor

Nº Conta: 0072-0162-75-0000104313

Concepto: Nome nen@ – aula

O PRAZO LÍMITE PARA FACER O INGRESO SERÁ O PRÓXIMO VENRES 15 DE NOVEMBRO.

Grazas pola vosa colaboración.

GASTROINTERITE

Queridas familias:

Dende a Escola querémosvos informar de que se están dando casos de GASTROINTERITE. Tal e como queda recollido no art. 27 do Regulamento Interno das Escolas Infantís, queremos pedirvos a vosa colaboración, para que se cumpra esta normativa sobre saúde, na que se especifica que “Os/as nenos/as deberán acudir á Escola Infantil en condicións correctas de saúde e hixiene”.

Lembrarvos tamén, que unha vez que a escola detecte un caso de enfermidade infecto-contaxiosa, como é a gastrointerite, o/a neno/a non poderá asistir á escola durante 3 días, co fin de que se recupere ben na casa e evitar así posibles contaxios ós/as compañeiros/as e educadores/as e a consecuente propagación da enfermidade.

Polo tanto, tal e como especifica o Regulamento Interno no artigo sinalado, “non serán admitidos no centro os nenos/as que padezan enfermidades infecto-contaxiosas, sen o certificado médico que acredite que o neno/a ten un bo estado de saúde”.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

A Dirección da Escola Infantil “A Canteira”.

QUE ACONTECEU EN OUTUBRO NA SALA 5?

Ola a tod@s!

Parece que aínda foi onte cando comezou o curso e @s amiguiñ@s da sala 5 non parábamos de chorar… Custounos un pouquiño, pero xa dá gusto vernos!

De verdade que nos queredes ver en acción? Pois preparádevos para disfrutar desta pequena selección de fotos que fomos recollendo durante este mes de outubro: MIRADE! MIRADE!

O primeiro que traballamos foi a adquisición de rutinas: o momento do encontro e do conto, o momento do almorzo, o momento do patio ou xardín exterior, o momento do comedor, e finalmente, o momento da actividade.

Uns días almorzamos galleta, outros días almorzamos froita… os días de bo tempo aproveitamos para almorzar no xardín. E sempre, sempre, acompañamos o almorzo con auguiña para hidratarnos ben!



No patio interior pasámolo xenial cos coches, motos e bicis, pero sen dúbida, en ningún sitio disfrutamos tanto coma nos xardíns exteriores.

E como xa sabedes, neste curso recibimos polas noites a visita do artista “O Gato Garabato”. Aproveitamos o momento do encontro para ler o seu conto e coñecelo un pouco: encántalle pintar, interpretar, construír… e viaxar!

Nunha das súas viaxes mandounos unha postal cunha foto dunha actuación de danza. Entón foi cando decidimos que nós seríamos a sala dos bailaríns, porque tamén nos encanta bailar coma a el! E así foi como outro día pintamos o Gato Garabato de cores e logo pegámoslle papeliños  para decorarlle o tutú. Quedounos precioso!

Un día recibimos a súa postal, pero outro día tamén recibimos… a súa visita!!! O que pasa é que non o puidemos ver porque veu pola noite coa luz da lúa chea. Pero nos adiviñamos que viñera porque vimos no chan unhas pegadas de cores. Así que decidimos seguir esas pegadas ata que nos atopamos cunha sorpresa que el nos deixara pola noite: material para construír!

Así foi como comezamos a traballar a arquitectura, pero tamén chegou o Samaín, entón aproveitamos as cabazas para decoralas en forma de casas.

Ufff… só de recordar todo o que fixemos xa estamos agotad@s, así que imos tod@s descansar para recuperar.

Pero seguiremos por aquí, con Yoli e coas novas “profes”: Katia e Carmen. E a Lidia, seguirémola vendo de vez en cando que nos vén dar unha visitiña. Non sabemos que lle pasou, pero ultimamente anda moi desaparecida… Nós pensamos que vai de viaxe co Gato Garagato.

Ata outra familias!!!

Visitounos o “Lobo contacontos”; trouxo un montón de sorpresas para compartir con nós. Foi un pracer contar coa participación de Ana Vázquez na aula…se alguén de vos se anima, xa sabedes só tedes que falar comigo e organizamos un momento da xornada.

Por que só pintar enriba dun papel, este día fomos buscar a cociña papel albal e cun rotulador fixemos estas cousiñas tan chulas.

O Gato Garabato miau, miau, miau…trouxo un agasallo.

Enviounos unhas fotos da torre de Hércules. Falamos do que necesitamos para facer unha torre tan alta: ladrillos, grúas, escavadoras…isto deunos pé a investigar un pouco mais da arquitectura.

O outono trae consigo un  montón de froitos e materiais cos que podemos experimentar e xogar na aula…hoxe decidimos descubrir como son por dentro as granadas. Vimos a cor do froito, collémolos de un en un, probámolos. Pasámolo moi ben!!!

QUE ACONTECEU EN OUTUBRO NA AULA 6?

Ola a tod@S!!

Os amiguiños da sala 6 non perdemos nada o tempo este comezo de curso… Na nova aula había moitas cousas que descubrir; xogamos cos animaliños da granxa, cos bolsos, cos contos,… pero sen dúbida o que tivo un maior éxito foi o restaurante: coas súas mesas, a cociña e tódolos cacharriños que había nela. Fixemos e servimos un montón de comidas e bebidas. ¡O peor era recollelo logo todo!

Por certo, o gato garabato díxonos na  carta que a nosa era a sala da literatura e a historieta. Por iso decicimos poñer na porta á vaca Lola, á que lle gusta ler contos a todas horas e para que non se aburra rodeámola dun montón de libriños que nos gustan moito a nós tamén. ¡A que nos quedou  ben chula!

E, como non podía se doutra maneira vimos, tocamos e sobre todo probamos tódolos froitos que nos trae o outono: noces, granadas, cabazas,…uns larpeiriños! Bueno, os cogumelos só os ulimos e tocamos. Tamén aproveitamos para poñer algún na cristaleira, xunto con follas secas e castañas. ¡Fixéronnos moita graza!

Ata pronto, xa vos seguiremos contando!