click na imaxe para ampliar
Arquivos mensuais: Outubro 2013Aquí tedes unhas fotos de como quedou o mural no que participáchedes moitos de vós… Isto foi o que inspirou ao gato Garabato para enviarnos unha postal cun pequeño anaco deste traballo
Así este ano imos a investigar, como xa sabedes, distintos tipos de arte:
A aula 1 recibiu a postal da música.
A aula 2 recibiu a postal da pintura.
A aula 3 recibiu a postal da arquitectura.
A aula 4 recibiu a postal da escultura.
A aula 5 recibiu a postal da danza e o teatro.
A aula 6 recibiu a postal da literatura e a historieta.
A aula 7 recibiu a postal do cine e a fotografía.
O DÍA QUE O GATO GARABATO TROUXO UNHAS POSTAIS
Novo horario de secretaría
INFORMAMOS OS USUARIOS QUE O NOVO HORARÍO SERA DE
8:00 – 14:00
Listas definitivas de admitidos e excluídos nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2013-2014
Listas definitivas de admitidos e excluídos nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2013-2014
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas na Rede de Escolas Infantís de Galicia que participaron no proceso de admisión extraordinario do mes de setembro.
O prazo de formalización da matrícula establécese do 11 ao 15 de outubro, ambos os dous incluídos.
De non formalizar a matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza.
NOTA: As listas publicadas son copia das orixinais que están depositadas nos arquivos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
O primeiro día da horta
Ola familias!
Este luns 7 de outubro comezamos coa nosa actividade estrela “A Horta”; coñecemos a Charo que vai ser a encargada de dinamizar este recuncho tan especial que temos no noso xardín.
Para hoxe, Charo trouxo un montón de sorpresas para compartir con nós; amosounos verduras e hortalizas que atopou na súa horta, vimos sementes de distintas cores e tamaños, compartimos un conto… Cada día vai ser algo novo.
Ö longo do curso iremos subindo fotos destes momentos para que vexades que ben se nos dá o coidado da terra.
Un saúdo o equipo do nivel III