ENLACES RELACIONADOS COAS ARTES

Aquí vos deixamos uns enlaces que vos darán algunha idea para colaborar coa introdución deste novo proxecto “ Descubrimos as artes”.

ARTE Y MERCADO Nesta páxina poderedes atopar dende obradoiros, autoguías e debuxos para os mais pequenos; así como as propostas dos museos da cidade de Coruña.Non vos esquezades de votarlle unha ollada ao Museo de Bellas Artes.

BAILE GALEGO Páxina de asociación cultural Xacarandaina onde ofrecen imaxes e vídeos das súas actuación de baile tradicional galego.

CASTELO DE SANTACRUZ Paxina oficial do Castelo de Santa Cruz onde atoparedes imaxes e información deste histórico monumento.

CORUÑA INFANTIL Todos os eventos que están programados na nosa cidade  tédelos aquí anunciados.

DANZA Páxina que nos ofrece múltiple información sobre a danza en xeral, e os seus tipos.

ESCOLARIZANDO Se buscades láminas, sons e material para pasar unha tarde divertida cos vosos fillos e fillas esta é sen dúbida a vosa páxina.

FOTOGRAFÍA Páxina onde podedes atopar en fotografía moitas das esculturas e edificios do Concello de Oleiros.

FUNDACIÓN BARRIE Páxina da Fundación Barrie na que podedes atopar actividades para facer en familia, recursos on-line, conferencias…

HISTORIETAS Mostra en trece apartados os recursos gráficos e narrativos empregados nas “historietas”.

LITERATURA Unha mostra dos recursos literarios que podemos atopar nas nosas librerias.

MÚSICA Paxina web onde poderedes atopar un sinfín de recursos para achegar dun modo lúdico a música aos mais pequenos.

TEATRO Neste pequeno espazo cultural poderedes asistir ás funcións de teatro cos mais pequenos da casa.

“Descubrimos as artes”

Estimadas familias:

Dende a escola, queremos darvos a benvida a este novo curso e animarvos a que participedes na introdución da temática deste ano: “DESCUBRIMOS AS ARTES”.

Para poñela en funcionamento precisamos que colaboredes plasmando exemplos das distintas artes que coñezades. Para iso podedes empregar debuxos, recortes de revistas, fotos…, todo o que se vos ocorra.

Deixaremos na entrada o papel continuo e o material (lápis, ceras, tesoiras, pegamento…) á vosa disposición.

Ánimo e…

A CONVERTERSE EN ARTISTAS!

Moitas grazas pola vosa colaboración

O equipo educativo

Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as nas EE.II xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2013-2014 (20/09/2013)

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas provisionais de persoas admitidas e excluídas na Rede de Escolas Infantís de Galicia que participaron no proceso de admisión extraordinario do mes de setembro.

O prazo de reclamacións é de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. As reclamacións presentaranse, por escrito, na escola infantil para a que se demande praza.

Data de publicación na web: 20/09/2013

NOTA: As listas publicadas son copia das orixinais que están depositadas nos arquivos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Dado que son listas provisionais, poden sufrir modificacións.

LISTAS

VENTO EN POPA E A TODA VELA!

Levamos uns días en marcha  e, aínda que comezamos hai pouco, nestes primeiros días do mes  xa comezamos a encamiñar o novo curso.

Todo o equipo, cheo de enerxía despois deste fabuloso verán, desenvolvemos diferentes tarefas para poñer a punto a nosa escola.

Son moitos os preparativos que implica o comezo dun novo curso: realizar reunións organizativas xerais  e por niveis, concretar  os últimos detalles do proxecto que imos traballar de aquí ata xuño, decorar e prover de material didáctico cada aula e espazos común de forma atractiva e acolledora, a recompilación de datos e particularidades sobre o alumnado, realizar entrevistas, a preparación da xuntanza coas familias…

Un destes preparativos foi a realización da xornada de portas abertas que xurdiu en torno o proxecto deste curso, DESCUBRIMOS A  ARTES.

Para ir introducindo o proxecto dende ben cedo, comezamos elaborando e proxectando unha serie de diapositivas sobre producións artísticas priorizando as cercanas ó noso contorno próximo.

Tamén puxemos a vosa disposición todo tipo de materiais para entre todos facer a nosa propia produción artística e comezar a espertar a curiosidade e creatividade.

Dentro de pouco poderedes ver máis información nos recantos de pais e nais sobre a arte á que nos imos achegar cada mes ata finalizar o curso e como o imos a enfocar.

Así mesmo,  convidámosvos a participar coa escola a través das artes. A medida que avance o curso irémosvos dando pistas para que todos e todas teñades a posibilidade de colaborar con nós e tamén si se vos ocorre como participar na vida da escola podedes comentar as vosas ideas co equipo educativo.

Pero de momento estamos en adaptación, quizais o peor mes do curso para todos (nenos e nenas, pais e nais… e tamén para as/os profes!) e estamos todos centrados en conseguir superar este período o máis pronto posible e sen complicacións.

A adaptación é un proceso que todos os implicados (crianza, familia, escola) teñen que pasar superando determinadas fases:

Por isto e porque cada neno é un mundo, lembrade respectar o seu ritmo.


Desexámosvos una pronta adaptación á escola!

REUNIÓN AMPA

Estimadas Familias:

Querémosvos convocar para unha reunión que vaise levar a cabo na Escola o vindeiro Martes 24 de Setembro ás 18:00, con motivo da posta en marcha do AMPA. Esperamos a vosa asistencia.

Grazas pola vosa colaboración e un saúdo

A BOLSA DA VIDA NIVEL I

Estimadas familias:

Para este curso 2013-2014 temos unha  proposta educativa para levar a cabo en colaboración familia e escola: A BOLSA DA VIDA.

A BOLSA DA VIDA (Nivel I) é un elemento que acompañará ó neno/a ó longo dos cursos, desde o comezo da súa escolarización na escola A Canteira, ata o final da mesma.

A súa finalidade é a de fomentar un vínculo entre a familia e a escola, participando ambos ámbitos no crecemento, maduración e educación do neno/a.

Esta bolsa irá medrando co neno/a e axudaralle a crear unha historia de vida, aportándolle seguridade e confianza, e servindo de elemento de apego para o período de adaptación.

Ó ser un instrumento que van a manipular constantemente os nenos/as, ten que ter unhas características para a súa elaboración:

– Cada familia elixirá unha bolsa de tea de tamaño medio, por exemplo as que se empregan para gardar roupa,

– Cada familia decorará a bolsa libremente. Pódese empregar pinturas para tea, outros tipos de tea, accesorios grandes,…

– Cada familia  coserá todos os elementos que queiran engadir para aumentar a resistencia e durabilidade da mesma, e deste xeito, cando os nenos/as a manipulen sexa segura.

Ó principio de curso, e para o período de adaptación, cada neno/a traerá, dentro da bolsa, O OBXECTO QUE SE CORRESPONDA CO SEU SÍMBOLO e unha FOTO FAMILIAR. Esta foto será dun tamaño de 10×15, por un lado irá unha foto actual do neno/a e polo outro lado irá unha foto de tódolos membros da familia. Dita foto tamén será plastificada pola familia.

A medida que avance o curso, tanto as familias como a escola, iremos aportando novos materiais para introducir na bolsa. Xa vos iremos informando, así que estade pendente deste recanto de pais e nais.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

A CAIXA DA VIDA

Oleiros, a 13 de setembro de 2013

Estimadas familias de nivel II e III:

Para este curso 2013-2014 imos continuar coa proposta educativa iniciada o curso pasado para levar a cabo en colaboración familia e escola: A CAIXA DA VIDA

A CAIXA DA VIDA é un elemento que acompañará ó neno/a ó longo dos cursos, desde o comezo da súa escolarización na escola A Canteira, ata o final da mesma.

A súa finalidade é a de fomentar un vínculo entre a familia e a escola, participando ambos ámbitos no crecemento, maduración e educación do neno/a.

Esta caixa irá medrando co neno/a e axudaralle a crear unha historia de vida, aportándolle seguridade e confianza, e servindo de elemento de apego para o período de adaptación.

Ó ser un instrumento que van a manipular constantemente os nenos/as, ten que ter unhas características para a súa elaboración:

– Cada familia elixirá unha caixa mediana de cartón, por exemplo, unha caixa de zapatos de adulto.

– Cada familia decorará a caixa libremente, coa axuda do neno/a. Pódese empregar pinturas de cores, gomets, colage…

– Cada familia plastificará a caixa, para aumentar a súa resistencia.

Ó principio de curso, e para o período de adaptación, cada neno/a traerá, dentro da caixa, o obxecto que se corresponda co seu símbolo e unha foto familiar. Esta foto será dun tamaño de 10×15, por un lado irá unha foto actual do neno/a e polo outro lado irá unha foto de tódolos membros da familia. Dita foto tamén será plastificada pola familia.

A medida que avance o curso, tanto as familias como a escola, iremos aportando novos materiais para introducir na caixa. Xa vos iremos informando, así que estade pendente deste recanto de pais e nais.

NOTA para @s nen@s veteráns: deben traer a caixa do curso pasado con todos os materiais que levaron dentro e unha foto de familia actualizada.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

O QUE IMOS NECESITANDO!

Oleiros, a 11 de setembro de 2013

Estimadas familias:

Unha vez iniciado o curso, queremos pedirvos a vosa colaboración para reforzar a autonomía dos nenos/as e axudarnos a axilizar o noso traballo, e, polo tanto, a mellor atención dos vosos fillos/as. Así pois, agradecémosvos que lle poñades velcro ós mandilóns. Non é necesario que merquedes mandilóns novos, basta con que lle poñades velcro na zona dos botóns.

E para favorecer a hixiene dos nenos/as necesitaremos sempre dous mandilóns limpos na escola: un para as actividades e outro para a hora do xantar. Ámbolos dous mandilóns mandarémosvolos para lavar tódolos venres.

Aquelas familias que necesitedes mandilóns a maiores, debedes saber que o único que vos pedimos é que teña velcro, os demais elementos, como a cor ou os debuxos, é unha decisión persoal de cada familia. E para aquelas familias que lles interese, na recepción do centro podedes mercar un mandilón co logotipo do Consorcio (custe: 12 euros).

Non vos esquezades de que tanto os mandilóns, coma a roupa e todo o que traiades da casa, ten que vir ben marcado co nome.

Desculpade as molestias e grazas pola vosa colaboración.

O equipo educativo.