Material para o verán

Estimadas familias:

Como xa estamos en xullo, imos comezar coas actividades de verán, e para iso precisamos da colaboración para que traiades o material que sinalamos a continuación:

Traxe de baño

Chanclas

Mudas de roupa de verán

Gorra para o sol

Cousiñas que atopedes na praia (cunchas, pedras…)

Lembrade que os nenos/as deben traer protección solar posta da casa, e que tódalas cousas teñen que estar ben identificadas co nome do/a neno/a.


Moitas grazas pola vosa colaboración

O equipo educativo do Nivel II

A CAIXA DA VIDA MARCHA DE VACACIÓNS ATA SETEMBRO

Estimadas familias:

Sabedes que A CAIXA DA VIDA é un elemento que acompañará ó neno/a ó longo dos cursos, desde o comezo da súa escolarización na escola A Canteira, ata o final da mesma.

Co curso xa case concluído e ás portas do verán, queremos pedirvos unha vez máis a vosa colaboración para seguir traballando coas caixiñas.

Esta vez, ídelas ter na casa todo o verán; coidádeas moito e introducide algún elemento que poidades recoller (cunchas, pedriñas,..) ou realizar (fotos, colage,…) para que así, en setembro, poidamos volver á escola coas nosas caixiñas cheas de novedades.

Moitas grazas pola vosa colaboración e feliz verán!

AS CABAZAS LARPEIRAS

BOS DÍAS FAMILIAS!

Aquí estamos novamente as cabazas da Aula 3 para demostrarvos o moi larpeiras que somos…

Deixámosvos unha pequena mostra do moito que traballamos nos obradoiros de cociña durante todo o curso.

Primeiro preparamos o bizcoito con ovos, fariña, leite, aceite, azucre e levadura:

Despois subímolo á cociña para que Celia, a nosa supercociñeira, nolo fornease:

E ó día seguinte decorámolo:

E unha vez cos nosos bizcoitos decorados baixámolos ó comedor do Nivel II para celebrar os aniversarios das cabaciñas, en compañía dos chícharos, e todos xuntiños disfrutamos deles!!!

E así foi como desapareceron estes sabrosos bizcoitos convertidos en fermosas tortas de aniversario: mmmmmm…