MÓLLATE CABAZA, MÓLLATE!

Bo día a tod@s!

Non sabedes a calor que pasamos as cabazas neste mes de xullo. E para combatilo: AAAUUUGAAAAA!!!

Xogamos con auga e globos de auga:

Experimentamos con auga e cunhas da praia:

Disparamos chorros de auga cos animaliños acuáticos de goma e lavamos as bonecas con auga e xabrón:

Ó final o importante é refrescarse.

Que teñades unhas descansadas e refrescantes vacacións!!!

AS CABAZAS SEGUEN SENDO LARPEIRAS EN XULLO

Bo día!

Pois si, ás cabazas nin a calor lles quita o apetito. Mirade, mirade:

Con pan de molde, tomate, aceitunas, xamón cocido e queixo, fixemos estas nutritivas pizzas que logo tamén almorzamos.

Con zume de melocotón, de piña, de laranxa e tamén con colorante, para darlle máis cor, preparamos estes sabrosos xeados.

Mmmm… uns xeados deliciosos que compartimos cos chícharos!

Unha morea de doces e frescos bicos para tod@s!!!

FESTA FIN DE CURSO 2012-2013

Boas tardes a tod@s!

Para dar por rematado este curso 2012-2013, fixemos unha gran festa na escola. Tivemos obradoiros de globoflexia, de pompas, de modelaxe con area e auga e paracaídas. E despois de tanto xogar había que merendar. As familias trouxeron cousas riquísimas. Puxémonos as botas, os nenos, as familias e tamén o persoal da escola!

Ademais de colofón deste curso, que esperamos fora de proveito para todos, esta festa foi para agradecer ás familias a colaboración e participación da vida da escola: MIL GRACIÑAS FAMILIAS!

Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica deste evento.

Obradoiro de cociña:

Obradoiro de decoración do muro:

Obradoiro de globos de auga:

Obradoiro de maquillaxe:

Obradoiro de pompas xigantes:

Obradoiro de pulseiras:

Merenda:

E AGORA…

A DISFRUTAR DO VERÁN!

AVISO IMPORTANTE

Segundo o previsto no artigo 25.2 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (RRI), durante o vindeiro mes de agosto esta Escola Infantil permanecerá pechada.

Por este motivo as persoas que desexen presentar durante este mes a súa solicitude de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro (artigo 20.3 do citado regulamento), deberán facelo a través do rexistro xeral de CONCELLO DE OLEIROS en horario de 8:30 a 13:00 de luns a venres e de 9:00 a 13:00 os sábados, en aplicación do previsto no artigo 38.4.b da Lei 30/1992, de 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto de 2013 (artigo 20.3).

Os impresos para a formalización da preinscrición así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles na páxina web do Consorcio:

DESCARGAR IMPRESOS

DVDS CON FOTOS DESTE CURSO 2012-2013

Estimadas familias:

XA TEMOS PREPARADAS

AS FOTOS DESTE CURSO 2012-2013

Xa podedes falar coas titores/as para que vos deixen os DVDs das fotos deste curso 2012-2013.

Co fin de que todas as familias os poidan levar antes das vacacións, pedímosvos que os copiedes coa maior brevidade posible. Tedes como máximo dous días de prazo para facer as copias e devolvelos DVDs.

As titores/as levan o rexistro da entrega e devolución dos mesmos, así pois, tedes que entregarllos a eles/as, para que non se extravien.

Lembrámosvos que estes DVDs son para gravar e teñen que vir de volta o antes posible.

E se, por calquera motivo, non tedes a oportunidade de poder copialo neste mes de xullo, non vos preocupedes, podedes falar coas titores/es en setembro, que nós seguiremos por aquí.

Esperamos que vos gusten!

O equipo educativo

OS CHÍCHAROS E AS CABAZAS PRECISAN UNHA CAMISETA BRANCA

Estimadas familias:

Unha das actividades que temos preparada para este mes de xullo, é a de traballar con auga tinguida, que logo empregaremos para tinguir e decorar as nosas propias camisetas. Polo tanto, necesitamos que cada neno/a traia unha camiseta branca para tinguir e logo poder presumir do seu propio deseño.

Pode ser unha camiseta usada, e se non tedes de manga curta, tamén nos serve de manga longa.

Non vos esquezades de poñerlle o nome do/a neno/a.

Moitas grazas pola vosa colaboración

O equipo educativo do Nivel II