OS CHÍCHAROS POÑENDO OS PANOS NO COMEDOR

Boas tardes familias!

Cantas veces escoitámosvos dicir…

Se tivese un burato pequeno para poder ver as cousas que fan na escola cando non a/o vexo!. Os vosos desexos as veces poden converterse en realidade.

Aquí tedes un dos nosos momentos mais importantes da xornada:

Xantar, xantar

Xantar, xantar para medrar medrar, medrar

se non xantamos xa non medramos e pequerrechos quedamos

Ao ritmo desta canción  imos ao noso comedor; o primeiro que teño que facer e coller o pano e intentar poñelo soa/só, pero se non podo pídolle axuda a María, Lidia, Mónica ou Cecilia.

ponemos-panos

QUE TEÑADES UNHA BOA FIN DE SEMANA!!!