FESTA FIN DE CURSO

Este Venres dia 28 celebramos a Festa de fin de Curso na Escola.

Lembrade:

-A escola pecha as 15:00 (pregamos puntualidade a hora de recoller as/os vosas/os fillas/os)

-Non habera dormitorios nos niveis II e III

-A festa celebrarase de 16:30 a 18:30

Un Saúdo

OS CHÍCHAROS POÑENDO OS PANOS NO COMEDOR

Boas tardes familias!

Cantas veces escoitámosvos dicir…

Se tivese un burato pequeno para poder ver as cousas que fan na escola cando non a/o vexo!. Os vosos desexos as veces poden converterse en realidade.

Aquí tedes un dos nosos momentos mais importantes da xornada:

Xantar, xantar

Xantar, xantar para medrar medrar, medrar

se non xantamos xa non medramos e pequerrechos quedamos

Ao ritmo desta canción  imos ao noso comedor; o primeiro que teño que facer e coller o pano e intentar poñelo soa/só, pero se non podo pídolle axuda a María, Lidia, Mónica ou Cecilia.

ponemos-panos

QUE TEÑADES UNHA BOA FIN DE SEMANA!!!

DATA LÍMITE DE MATRÍCULA

A tod@s @s interesad@s:

Lembrade que o 12 de xuño remata o prazo de matrícula, tanto para @s nen@s de novo ingreso coma para @s nen@s de renovación de praza.

NOTA: O horario de secretaria, para a entrega de documentación desta escola, é de: 9:30h. a 15:30 h.


A Dirección do Centro