CHARLAS DEBATE

Ola familias:


Estes días estivemos recollendo as vosas suxestións en relación ao tema que vos resulta máis interesante para poder profundizar na charla- debate.
En xeral, todos os temas expostos parécenvos moi interesantes, pero en concreto, as charlas-debate deste ano van ser as seguintes, nas seguintes datas e horas:

Nivel I (salas 1 e 2): Alimentación. Martes 4 de xuño, de 18:00-19:30

Nivel II (salas 3 e 4): Rabietas e agresividade. Mércores 5 de xuño, de 18:00-19:30

Nivel III (salas 5, 6 e 7): O cambio ó novo centro. Xoves 6 de xuño, de 18:00-19:30

Contaremos coa colaboración dunha educadora que guiará a charla ao tema elixido. Se alguén de vós coñece a unha persoa, relacionada co tema do debate, que queira vir participar, falade con algunhas das titoras dos vosos fillos e fillas.

As charlas-debate celebraranse, sempre e cando poidamos reunir un grupo cun número específico de persoas, que estean interesadas en compartir un momento con outras familias e poñer en común as vosas inquedanzas, consellos, recursos…

Animádevos a participar e anotádevos no panel do Nivel correspondente antes do xoves 30 de maio.
Lembrade que é unha dinámica pensada para adultos.

Un saúdo

O Equipo Educativo


One thought on “CHARLAS DEBATE

  1. Ohhhh, que pena!!! Me parece una charla interesante la que nos toca, pero nosotras estaremos de vacaciones 🙁
    De todos modos, gracias por programarlas!!! Otra vez será…

Os comentarios non están permitidos