Os amigos do nivel III, celebramos o día da familia todos xuntos e recibimos a visita da avóa e bisavóa de Alba,da nai de Mariana e de Daniela e Candela, que nos acompañaron e ensinaron fotos da súa infancia e contos con monicreques. Disfrutamos moito e estivemos moi atentos a todo o que nos contaron. Como colofón final a nai de Mariana contóunos un conto e unha canción en inglés que estase a convertir nun éxito internacional imprescindible nos nosos encontros. Moitas gracias pola vosa colaboración e aqui tedes as fotos para que as disfrutedes. ¡Ata a próxima!