OS CHÍCHAROS EN ABRIL

Ola a tod@s!

Os chícharos xa estamos aquí para mostrarvos o que fixemos no mes de abril:

Umm como sería pintar unha cenoria con cenorias…

Como o que mais nos gusta de todo é experimentar, collímos os nosos mandilóns e con cenorias enteiras e raiadas fixemos está obra de arte!!

Outro día Ceci e Mónica foron o mercado e truxeron leitugas, patacas, cebolas, pementos…

Gustounos moito poder ulilos, tocalos e sobre todo, pintar con eles!!

Como dí o refrán na primaveira o sangue altera. Aquí tedes un momento no que a choiva deunos un respiro, e poidemos saír a ver as flores que temos no noso xardín.

Estamos preparando unha pequena hora enfrenta da sala dos chícharos…Aínda nos queda moito traballo.

Para empezar tivemos que sachar un pouco a terra e quitar as malas herbas.

Un saúdiño para tod@s!

One thought on “OS CHÍCHAROS EN ABRIL

  1. Pero que traballadoriños son estes chícharos.

Os comentarios non están permitidos