CHARLAS DEBATE

Ola familias:


Estes días estivemos recollendo as vosas suxestións en relación ao tema que vos resulta máis interesante para poder profundizar na charla- debate.
En xeral, todos os temas expostos parécenvos moi interesantes, pero en concreto, as charlas-debate deste ano van ser as seguintes, nas seguintes datas e horas:

Nivel I (salas 1 e 2): Alimentación. Martes 4 de xuño, de 18:00-19:30

Nivel II (salas 3 e 4): Rabietas e agresividade. Mércores 5 de xuño, de 18:00-19:30

Nivel III (salas 5, 6 e 7): O cambio ó novo centro. Xoves 6 de xuño, de 18:00-19:30

Contaremos coa colaboración dunha educadora que guiará a charla ao tema elixido. Se alguén de vós coñece a unha persoa, relacionada co tema do debate, que queira vir participar, falade con algunhas das titoras dos vosos fillos e fillas.

As charlas-debate celebraranse, sempre e cando poidamos reunir un grupo cun número específico de persoas, que estean interesadas en compartir un momento con outras familias e poñer en común as vosas inquedanzas, consellos, recursos…

Animádevos a participar e anotádevos no panel do Nivel correspondente antes do xoves 30 de maio.
Lembrade que é unha dinámica pensada para adultos.

Un saúdo

O Equipo Educativo


DÍA DA FAMILIA COAS CABAZAS E COS CHÍCHAROS

OLA A TOD@S!

Que tal pasáchedes esta longa fin de semana?
Disfrutando da familia?
Pois as cabazas e os chícharos tamén o fixemos o pasado venres 10 de maio, coa compañía da nai de Pablo e das avoas de Paula, Adriana e Alejandra, que nos contaron moitas cousiñas interesantes…

Moitas gracias a todas por compartir ese momento tan gratificante con nós. E para @s que quedaran coas ganas de disfrutar da nosa compañía, xa sabedes que o podedes facer calquera outro día, só tedes que falar previamente coas titoras para concertar unha cita.
Nais, pais, avoas, avós, irmás, irmáns, tios, tias… e demais familia…

Ata a próxima!

DÍA DA FAMILIA COAS CEBOLAS, CENORIAS E PATACAS

Os amigos do nivel III, celebramos o día da familia todos xuntos e recibimos a visita da avóa  e bisavóa de Alba,da nai de Mariana e de Daniela e Candela, que nos acompañaron e ensinaron fotos da súa infancia e contos con monicreques. Disfrutamos moito e estivemos moi atentos a todo o que nos contaron. Como colofón final a nai de Mariana contóunos un conto e unha canción en inglés que estase a convertir nun éxito internacional imprescindible nos nosos encontros. Moitas gracias pola vosa colaboración e aqui tedes as fotos para que as disfrutedes. ¡Ata a próxima!

Bos días a tod@s!
As hortalizas da Canteira queren facervos unha pequena mostra do Xardín das Delicias que fixemos en colaboración coas nosas familias.
Moitísimas grazas por axudarnos!!!

AS PATACAS NO MES DE ABRIL

XA TEMOS AS FOTOS DAS PATACAS DO MES DE ABRIL, ONDE COMEZAMOS AS NOSAS PRIMEIRAS SESIÓNS DE IOGA, SEGUIMOS TRABALLANDO E PLANTANDO NA TERRA, MANIPULAMOS NOVOS ALIMENTOS E REALIZAMOS ACTIVIDADES RELACIONADAS COS FRUTOS DA NOSA HOTA.

UN SAÚDO E ATA O MES QUE VEN

AS CABAZAS NO MES DE ABRIL

Como están vostedes?

Nos tamén moi ben!

Traballando duramente… porque din que o traballo é saúde. Así que mirade o que fixemos as cabaciñas no pasado mes de abril.

Traballamos a hortaliza da sala 6: a cenoria. Primeiro probámola: enteira, en láminas, raiada…

E despois empregámolas de pinceis para pintar cenorias de papel.

Pintar, pintamos moito en abril. Tamén pintamos bolboretas.

E pintamos flores en botellas de plástico.

Pero como non todo vai ser pintar, tamén nos puxemos a manipular.

Por exemplo: noces e garabanzos.

E como non podía ser doutra maneira, seguimos traballando no noso proxecto: regamos e transplantamos…

Lembrades as leituguiñas que leváchedes para a casa?

Moitos biquiños para tod@s e a portarse ben!

OS CHÍCHAROS EN ABRIL

Ola a tod@s!

Os chícharos xa estamos aquí para mostrarvos o que fixemos no mes de abril:

Umm como sería pintar unha cenoria con cenorias…

Como o que mais nos gusta de todo é experimentar, collímos os nosos mandilóns e con cenorias enteiras e raiadas fixemos está obra de arte!!

Outro día Ceci e Mónica foron o mercado e truxeron leitugas, patacas, cebolas, pementos…

Gustounos moito poder ulilos, tocalos e sobre todo, pintar con eles!!

Como dí o refrán na primaveira o sangue altera. Aquí tedes un momento no que a choiva deunos un respiro, e poidemos saír a ver as flores que temos no noso xardín.

Estamos preparando unha pequena hora enfrenta da sala dos chícharos…Aínda nos queda moito traballo.

Para empezar tivemos que sachar un pouco a terra e quitar as malas herbas.

Un saúdiño para tod@s!