DÍA DA FAMILIA

Estimadas familias:

Coa intención de celebrar o “DÍA DA FAMILIA” que terá lugar o Venres 10 de maio, querémosvos invitar a que participedes dun xeito activo vindo a contarnos cousiñas da vosa infancia, como historias ou cancións e que podedes acompañalas, por exemplo, de fotos, xoguetes, instrumentos musicais… que teñades e que queirades compartir con nós ese día.

Polo tanto, aqueles familiares interesados, por favor poñédevos en contacto cos/cas titores/as de aula, antes do mércores 8 de Maio.

Moitas grazas pola vosa participación

O equipo educativo