MACETAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Estimadas familias:

Como xa sabedes, este curso escolar estamos traballando co Proxecto sobre “A Horta”, e este mes de abril estamos cos contidos sobre “A Planta”. Así pois, tal e como especificabamos no apartado de “Participación das familias”, gustaríanos moito que trouxerades da casa unha maceta decorada con material de refugallo (sempre co nome do/a neno/a). Tamén podedes plantarlle unha planta para ver como vai medrando ata final de curso.
Desde a escola, comprometémonos a coidalas con moito cariño.

Unha vez máis, desde o Equipo Educativo queremos darvos as grazas pola vosa colaboración.