PROTECCIÓN SOLAR

Estimadas familias:

Coa chegada do bo tempo, precisamos novamente a vosa colaboración para que cada neno/a traia posta da casa protección solar e unha gorra para deixar na escola.

E lembrade que aqueles nenos/as que utilicen manta para a sesta, podédela cambiar por unha saba de verán.

Aproveitamos tamén, para recordarvos unha serie de pautas que tedes que ter sempre presentes, coa finalidade de que nos axudedes a reforzar a autonomía dos nenos/as:

Evitade, na medida do posible, cinturóns, tirantes e cordóns nos zapatos.

Asegurádevos de que os mandilóns teñan velcro en lugar de botóns.

Intentade ter sempre na escola dous mandilóns (un para as actividades e outro para o xantar) e unha muda completa.

Non vos esquezades de que a roupa e todo o que traiades da casa, ten que vir ben marcado co nome.

Grazas pola vosa colaboración.

O Equipo educativo do Nivel I e II