OLA A TOD@S!
OS CHÍCHAROS XA ESTAMOS OUTRA VEZ AQUÍ…
Aproveitamos que saiu o sol e fomos ao xardín a manipular cebolas!!!
Aprendemos a quitarlles as capas de unha en unha; para iso necesitamos moita concentración… despois decidimos probalas para coñecer o seu sabor; aquí tivemos gustos para todas as cores.
Un dos nosos momentos preferidos: a relaxación.
Antes de xantar cada un colle os seu coxín e deitase un ratiño en silencio a escoitar unha música tranquila e relaxada.
Hai días que con tanta relaxación quedamos ata durmidos. Pronto colgaremos un vídeo para que vexades unha sesión!!
E despois da relaxación; poñemos os mandilóns a voar e imos ao noso comedor a compartir un momento cos amigos da sala da cabaciña.
Xa somos moi maiores; comemos e bebemos sen axuda e despois levamos os nosos vasos e panos e lavar.
ATA OUTRA AMIGUIÑ@S!