AS CABAZAS EN MARZO

OLA FAMILIAS!

QUE TAL?

AS CABACIÑAS XA ESTAMOS AQUÍ CON GANAS DE AMOSARVOS O MOITO QUE NOS ESFORZAMOS NO MES DE MARZO.

NON NOS CREDES?

POIS MIRADE!

Fixemos un niño que decoramos moi bonitiño para adornar a árbore da escola no DÍA DA ÁRBORE.

Adornamos niños, adornamos árbores e tamén nos adornamos a nós no recanto da perruquería.

Seguimos traballando no proxecto da horta e, entre outras actividades, debullamos chícharos e sementámolos.

E tamén fixemos obradoiros de cociña onde preparamos uns sabrosos bizcoitos…

… bizcoitos que tamén adornamos para celebrar os aniversarios. Porque xa estamos cumprindo dous aniños!!!

Pasádeo ben amiguiñ@s que nos tamén o faremos!

Bicos!