AS CEBOLIÑAS EN ABRIL

Xa temos as fotos da sala das cebolas no mes de Abril.

Por fin veu o bo tempo e poidemos saír ao xardín a disfrutar do sol

Estamos moi atent@s ao conto que nos conta Yoli

Disfrutamos moito nas nosas sesións de masaxe e relaxación

Xa somos moi maiores e facemos pis soíños no penico e pintamos con cenorias e papel contínuo

Nos gusta moito disfrazarnos e poñer outras roupiñas que temos na escola para xogar

DÍA DA FAMILIA

Estimadas familias:

Coa intención de celebrar o “DÍA DA FAMILIA” que terá lugar o Venres 10 de maio, querémosvos invitar a que participedes dun xeito activo vindo a contarnos cousiñas da vosa infancia, como historias ou cancións e que podedes acompañalas, por exemplo, de fotos, xoguetes, instrumentos musicais… que teñades e que queirades compartir con nós ese día.

Polo tanto, aqueles familiares interesados, por favor poñédevos en contacto cos/cas titores/as de aula, antes do mércores 8 de Maio.

Moitas grazas pola vosa participación

O equipo educativo

O NIVEL III EN MARZO

Por fin vos amosamos as fotos  correspondentes a Marzo da sala das patacas, cenorias e cebolas. Debido aos problemas que tivemos coa cámara de fotos, esta é unha reducida mostra do que traballamos ao longo do mes de Marzo tanto nas xornadas de mañá como as de tarde. Seguimos experimentando e coidando as nosas plantas que cada día estan mais grandes, manipulando novos materiais, facendo xogos en grupo e disfrutando e aprendendo no día a día

VARICELA NOS TRES NIVEIS

AVISO IMPORTANTE

PARA OS/AS USUARIOS/AS DA ESCOLA

Dende a Escola InfantilA Canteiraquerémosvos informar de que se nos están notificando varios casos de

VARICELA

(NO NIVEL III, NO NIVEL II E TAMÉN NO NIVEL I)

Informámosvos coa intención de que controledes máis exhaustivamente aos vosos fillos e fillas nos vindeiros días, e no caso de que lles atopedes algún síntoma, apliquedes o protocolo correspondente.

Grazas pola vosa colaboración.
A Dirección da Escola Infantil “A Canteira

MACETAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Estimadas familias:

Como xa sabedes, este curso escolar estamos traballando co Proxecto sobre “A Horta”, e este mes de abril estamos cos contidos sobre “A Planta”. Así pois, tal e como especificabamos no apartado de “Participación das familias”, gustaríanos moito que trouxerades da casa unha maceta decorada con material de refugallo (sempre co nome do/a neno/a). Tamén podedes plantarlle unha planta para ver como vai medrando ata final de curso.
Desde a escola, comprometémonos a coidalas con moito cariño.

Unha vez máis, desde o Equipo Educativo queremos darvos as grazas pola vosa colaboración.

AS CABAZAS E OS CHÍCHAROS NAS TARDES DE MARZO

OLA FAMILIAS!

AS CABACIÑAS E OS CHÍCHAROS ESTAMOS DESEXANDO MOSTRARVOS O QUE FIXEMOS NA ESCOLA DURANTE AS TARDES DE MARZO…

Hai momentos ó longo da xornada que necesitan  ter un espazo afastado do todo; a casiña de madeira coa cociña, convértese nun recanto riquísimo para dar xogo ás súas inventivas e facilitan as interaccións entre eles.

Pero tamén hai outros instantes nos que necesitan dar saída á súa enerxía e actividade; por iso este día que baixamos os coches e motos pola rampla foi todo un acontecemento.

UN SAÚDO A TOD@S!

Xa estamos aquí de novo!!!!!!!!!!!!!

PROTECCIÓN SOLAR

Estimadas familias:

Coa chegada do bo tempo, precisamos novamente a vosa colaboración para que cada neno/a traia posta da casa protección solar e unha gorra para deixar na escola.

E lembrade que aqueles nenos/as que utilicen manta para a sesta, podédela cambiar por unha saba de verán.

Aproveitamos tamén, para recordarvos unha serie de pautas que tedes que ter sempre presentes, coa finalidade de que nos axudedes a reforzar a autonomía dos nenos/as:

Evitade, na medida do posible, cinturóns, tirantes e cordóns nos zapatos.

Asegurádevos de que os mandilóns teñan velcro en lugar de botóns.

Intentade ter sempre na escola dous mandilóns (un para as actividades e outro para o xantar) e unha muda completa.

Non vos esquezades de que a roupa e todo o que traiades da casa, ten que vir ben marcado co nome.

Grazas pola vosa colaboración.

O Equipo educativo do Nivel I e II

AS CABAZAS EN MARZO

OLA FAMILIAS!

QUE TAL?

AS CABACIÑAS XA ESTAMOS AQUÍ CON GANAS DE AMOSARVOS O MOITO QUE NOS ESFORZAMOS NO MES DE MARZO.

NON NOS CREDES?

POIS MIRADE!

Fixemos un niño que decoramos moi bonitiño para adornar a árbore da escola no DÍA DA ÁRBORE.

Adornamos niños, adornamos árbores e tamén nos adornamos a nós no recanto da perruquería.

Seguimos traballando no proxecto da horta e, entre outras actividades, debullamos chícharos e sementámolos.

E tamén fixemos obradoiros de cociña onde preparamos uns sabrosos bizcoitos…

… bizcoitos que tamén adornamos para celebrar os aniversarios. Porque xa estamos cumprindo dous aniños!!!

Pasádeo ben amiguiñ@s que nos tamén o faremos!

Bicos!

OS CHÍCHAROS EN MARZO

OLA A TOD@S!

OS CHÍCHAROS XA ESTAMOS OUTRA VEZ AQUÍ…

Aproveitamos que saiu o sol e fomos ao xardín a manipular cebolas!!!

Aprendemos a quitarlles as capas de unha en unha; para iso necesitamos moita concentración… despois decidimos probalas para coñecer o seu sabor; aquí tivemos gustos para todas as cores.

Un dos nosos momentos preferidos: a relaxación.

Antes de xantar  cada un colle  os seu coxín e deitase un ratiño en silencio a escoitar unha música tranquila e relaxada.

Hai días que con tanta relaxación quedamos ata durmidos. Pronto colgaremos un vídeo para que vexades unha sesión!!

E despois da relaxación; poñemos os mandilóns a voar e imos ao noso comedor a compartir un momento cos amigos da sala da cabaciña.

Xa somos moi maiores; comemos e bebemos sen axuda e despois levamos os nosos vasos e panos e lavar.

ATA OUTRA AMIGUIÑ@S!