NOVIDADE: SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO

Como novidade, na adxudicación de prazas contemplaranse as solicitudes fóra de prazo, é dicir, aquelas solicitudes que se presenten na escola unha vez pechado o prazo estipulado pola Resolución da Xerencia e con anterioridade á data de publicación da lista provisional de admitidos/as e de agarda e sempre que cumpran cos requisitos establecidos no RRI (artigo 15 C). Isto implica que, para o presente proceso de admisión, teranse en conta, con carácter excepcional, as solicitudes presentadas entre o 21 de marzo e o 30 de abril, como último día hábil antes da publicación das listas provisionais, e que cumpran os seguintes requisitos:

– Nacemento, acollemento ou adopción da/o nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

– Cambio de concello de residencia da unidade familiar.

As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ir xunto coa xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva.

Estas solicitudes serán baremadas e incluídas nas listas conforme á puntuación que lle corresponda segundo o baremo, considerándoas a todos os efectos como unha solicitude presentada en prazo.

Deste xeito, unha solicitude fóra de prazo, en caso de obter máis puntuación que alguna das crianzas das listaxes provisionais de admitidos ou de agarda que presentaran no prazo oficial, pode acabar desplazando a alguna destas últimas.

Todas as solicitudes fóra de prazo que se reciban coa documentación completa na escola antes da celebración do consello escolar, baremaranse e incluiranse xa na lista provisional de ser posible. En caso contrario, farase con prosterioridade á publicación das listaxes provisionais, para a súa inclusión nas definitivas.

A Dirección do Centro