VACACIÓNS SEMANA SANTA

BOS DÍAS FAMILIAS!

POR MOTIVOS DA FESTIVIDADE DE SEMANA SANTA, ESTA ESCOLA PERMANECERÁ PECHADA OS SEGUINTES DÍAS:

O XOVES 28 E O VENRES 29 DE MARZO.

E O LUNS 1 DE ABRIL.

UN SAÚDO DE TODO O EQUIPO EDUCATIVO

TITORÍAS

Estimadas familias:

A partires do próximo luns 8 de abril, comezaremos coas titorías, nas que vos poderedes reunir cos titores/as para tratar calquera cuestión que sexa de interese para vós en relación á evolución dos vosos fillos/as.

Aquelas familias que esteades interesadas, podédesvos apuntar nos cadros do recanto de pais/nais antes do xoves 4 de abril.

Calquera dúbida que teñades, por favor, consultádea cos titores/as.

Un saúdo,

O equipo educativo da E.I. “A Canteira”

NOVIDADE: SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO

Como novidade, na adxudicación de prazas contemplaranse as solicitudes fóra de prazo, é dicir, aquelas solicitudes que se presenten na escola unha vez pechado o prazo estipulado pola Resolución da Xerencia e con anterioridade á data de publicación da lista provisional de admitidos/as e de agarda e sempre que cumpran cos requisitos establecidos no RRI (artigo 15 C). Isto implica que, para o presente proceso de admisión, teranse en conta, con carácter excepcional, as solicitudes presentadas entre o 21 de marzo e o 30 de abril, como último día hábil antes da publicación das listas provisionais, e que cumpran os seguintes requisitos:

– Nacemento, acollemento ou adopción da/o nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

– Cambio de concello de residencia da unidade familiar.

As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ir xunto coa xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva.

Estas solicitudes serán baremadas e incluídas nas listas conforme á puntuación que lle corresponda segundo o baremo, considerándoas a todos os efectos como unha solicitude presentada en prazo.

Deste xeito, unha solicitude fóra de prazo, en caso de obter máis puntuación que alguna das crianzas das listaxes provisionais de admitidos ou de agarda que presentaran no prazo oficial, pode acabar desplazando a alguna destas últimas.

Todas as solicitudes fóra de prazo que se reciban coa documentación completa na escola antes da celebración do consello escolar, baremaranse e incluiranse xa na lista provisional de ser posible. En caso contrario, farase con prosterioridade á publicación das listaxes provisionais, para a súa inclusión nas definitivas.

A Dirección do Centro

REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN E RENOVACIÓN DE PRAZA

BOAS TARDES FAMILIAS.

SIMPLEMENTE VOS QUERIAMOS RECORDAR QUE, ÁS 15:00 H. DO PRÓXIMO MÉRCORES 20 DE MARZO, REMATA O PRAZO PARA QUE ENTREGUEDES AS SOLICITUDES DE INSCRICIÓN E RENOVACIÓN DE PRAZA.

NON VOS DESPISTEDES!

QUE TEÑADES UNHA BOA FIN DE SEMANA!

A Dirección do Centro

SEMANA SANTA

Benqueridas Familias:

Como xa saberedes, a última semana de marzo é Semana Santa. Unha vez máis, pedímosvos colaboración coa finalidade de facer unha previsión do alumnado que vai a asistir ó centro o luns 25, o martes 26 e o mércores 27, para poder así levar a cabo a planificación e organización do persoal.

Polo tanto, poñemos á vosa disposición nos taboleiros de cada nivel, uns rexistros de confirmación de asistencia. Neles, como podedes observar, tedes que anotar o seguinte:

1º- Cubrir o cadro cun “SI”, no caso de asistir ese día ou cun “NON”, no caso de non asistir.

2º- Firmar no recadro correspondente.

Agradecémosvos que sexades consecuentes coa decisión que tomedes e non fagades rectificacións de última hora no caso de marcar un non asistencia e despois traer o/a neno/nena á escola, xa que o persoal estará organizado para unhas determinadas ratios.

Recordarvos tamén que a escola estará pechada o 28 e 29 de marzo e o 1 de abril.

Moitas grazas pola vosa colaboración

O Equipo Educativo da Escola

CÁMARA DE FOTOS

Estimadas familias:

Por problemas técnicos, este mes de marzo non poderemos publicar as fotos do mes de febreiro, nin neste blogue, nin no panel de fotos.

Na Festa de Entroido estropeóusenos a cámara de fotos e o servizo técnico aínda nola mandará esta semana, polo tanto non temos fotos para poder compartir con vós.

Un saúdo,

O equipo educativo da E.I. “A Canteira”

A SAÍDA Ó PLANETARIO DO NIVEL III

Estimadas familias:

Como xa sabedes, a ANPA da nosa escola organizou unha saída ó Planetario para o próximo martes 5 de marzo, ás 13:15h.

Aquelas familias que teñades que recoller ó voso fillo/a a esa hora, por favor, esperade na entrada da escola, coa finalidade de non interromperlle o descanso ós demais nenos/as que non van ir á saída.

Moitas grazas pola vosa colaboración.
O Equipo Educativo do Nivel III.