CAMBIO DE MENÚ SÓLIDO – LUNS

Bo día:

Por problemas de saúde da cociñeira do centro, hoxe serviranos o catering, polo tanto temos cambios no menú sólido:

1º Plato: Crema de verduras

2º plato: Pasta salteada

Postre: Iogur

Nota: Seguiremos respetando as dietas astrinxentes, as alerxias e as intolerancias con menús alternativos.

Desculpade as molestias.
A Dirección do Centro.

O MECO XARDIÑEIRO

Neste Entroido trouleiro

xa vén desde a fronteira

para @s nen@s da Canteira

O MECO XARDIÑEIRO!

O Meco vaivos dicir

para esta semana vindeira

como teñen que vir

os rapaces da Canteira.

Fixádevos na súa indumentaria

porque cada día é diferente.

Non sei o que terá nesa mente

tan retorta e estrafalaria!

A VISITA DO MECO

Ola familias!

Se neste Entroido queredes troulear

ata a Canteira vos teredes que achegar,

xa que unha visita moi especial

a todos nos vai implicar.

Na semana do 4 ao 18 no MECO te has de fixar

para saber de que cousa te terás que disfrazar.

Un poema vos mandamos, con pistas para adiviñar

que elemento leva o MECO, ese día pola mañá.

Cada día da semana, o elemento debedes elaborar

para que @s nen@s ó día seguinte, nolo poidan amosar.

Se ben o queredes pasar, non esquezades colaborar

para neste Entroido, @s nen@s disfrazar.

Grazas por participar!

Boas tardes familias!

Non queríamos rematar a semana sen deixarvos unha pequena mostra do moito que disfrutamos na saída que fixemos coas familias ó Aquarium, este pasado martes.

Como xa sabedes en que consistiu a saída, desta vez só imos deixarvos imaxes de recordo, sen contarvos máis nada. Aquel@s curios@s que queiran máis detalles: que pregunten, que pregunten…