Estimadas familias:
Temos unha nova proposta para levar a cabo en colaboración familia e escola: A HORTALIZA PERSONALIZADA.
Consiste en que traiades á escola unha CEBOLA, CENORIA ou PATACA, dependendo da clase onde estea o voso fillo/a, e a decoredes con eles/as como queirades, “imaxinación ó poder”, co fin de facer unha exposición na escola do voso traballo. Os días para que traiades a hortaliza decorada á escola serán o 7 e 8 de Marzo.
Deixamos unha pequena mostra para que vos dea unha orientación. Tamén, se queredes ver máis imaxes relacionadas, podedes entrar na páxina de:
http://lachispadeleer.blogspot.com.es/
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
O EQUIPO EDUCATIVO DO NIVEL III