AS CABAZAS EN XANEIRO

Bos días a tod@s!


Aquí estamos as cabaciñas para facervos unha pequena mostra das moitísimas cousiñas que facemos na escola. Unhas moi fáciles e outras non tanto, mirade, mirade!

Con lentellas e outras sementes xogamos a facer transvases e a manipulalas.

Con embases de iogur e arroz, fixemos maracas. A que non sabedes de que cor?

Con pintura de dedos da mesma cor pintamos unha hortaliza. A que non sabedes cal?


Con pintura de dedos tamén pintamos esa flor á que tanto lle gusta o sol e nos dá esas pipas que tanto nos gusta a nós.


E despois de pintar o xirasol pegámoslle as pipas.


Pero antes… catámolas!

Ata outra amiguiñ@s!
Que teñades un bo día!