O NIVEL III PERSONALIZA HORTALIZAS

Estimadas familias:

Temos unha nova proposta  para levar a cabo en colaboración familia e escola: A HORTALIZA PERSONALIZADA.

Consiste en que traiades á escola unha CEBOLA, CENORIA ou PATACA, dependendo da clase onde estea o voso fillo/a, e a decoredes con eles/as como queirades, “imaxinación ó poder”, co fin de facer unha exposición na escola do voso traballo. Os días para que traiades a hortaliza decorada á escola serán o 7 e 8 de Marzo.

Deixamos unha pequena mostra para que vos dea unha orientación. Tamén, se queredes ver máis imaxes relacionadas, podedes entrar na páxina de:

http://lachispadeleer.blogspot.com.es/

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

O EQUIPO EDUCATIVO DO NIVEL III

RENOVACIÓN DE PRAZA

Queridas familias:

O pasado xoves 21 de febreiro abriuse o prazo de renovación de praza para o próximo curso, que rematará o próximo 20 de marzo.

No mostrador de administración tedes os impresos para cubrir e entregar en horario de 9:00h. a 15:00h.

Lembrade que para renovar praza é requisito indispensable ter pagadas todas as cotas.

Podedes atopar máis información sobre o proceso de reserva de praza e matrícula nas seguintes fontes:

– No panel das familias que está na entrada.

– Neste blogue.

– E nas seguintes páxinas:

www.igualdadebenestar.org

www.escolasinfantis.net

Para calquera dúbida, poñédevos en contacto co persoal de administración ou dirección.

Un saúdo,

A Dirección da Escola.

ORIENTACIÓNS PARA CUBRIR AS INSCRICIÓNS

TIPO DE SOLICITUDE

  • NOVO INGRESO – Matrícula nova
  • RESERVA PRAZA – Nenos/as xa matriculados

DATOS DO NENO/A, GRUPO DE IDADE

  • 0-1 Nacidos/as no 2013
  • 1-2 Nacidos/as no 2012
  • 2-3 Nacidos/as no 2011

CENTROS SOLICITADOS

O CONCELLO DE OLEIROS TEN 4 ESCOLAS INFANTÍS

  • A CANTEIRA – Rúa Cubelos 24  981977921
  • AS GALERAS – Antonio de Sucre 24   981648446
  • A PARDELA – Urbanización Os Regos s/n   981631788
  • MERA – Paseo da Lagoa s/n  981617505

O horario da escola infantil A Canteira é de 7:30 a 18:30, existindo dous tipos de xornada:

  • Media Xornada – De 0 a 4 horas
  • Xornada completa – Máis de 4 horas ata un total de 8 horas.

Tanto no que se refire ao tipo de xornada como ao do servizo complementario de comedor, deberán manterse durante todo o curso, agás circustancias sobrevidas debidamente acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

CANDIDATOS CHEQUE INFANTIL

  • Aquelas persoas que, unha vez finalizado o período de matrícula, continúen en listaxe de agarda ou ben residan ou traballen en lugares onde non exista oferta de prazas públicas de escolas infantís poderán optar á modalidade de cheque infantil. (Cubrir ANEXOS IV e V)

NO CASO DE NON ESTAR OBRIGADOS A FACER A DECLARACIÓN DO 2011

  • O solicitante, ten que marcar a casilla que autoriza o Consorcio Galego a solicitar a información da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
  • O cónxuxe do solicitante, ten que cubrir o ANEXO III

NOTA: As solicitudes entregaranse naquela escola que elixades de primeira opción. Lembrade que o horario de secretaria de entrega de documentación desta escola, é de: 9:00 a 15:00

Máis información en www.igualdadebenestar.org e www.escolasinfantis.net

CALENDARIO DE PRAZOS PARA A RESERVA DE PRAZA, PREINSCRICIÓN DE NOVO INGRESO E MATRÍCULA DE USUARIOS/AS DAS ESCOLAS INFANTIS PARA O CURSO 2013/2014

· 20 de febreiro: Publicación, anuncio e resolución da Xerencia.

· Do 21 de febreiro ao 20 de marzo: Prazo de presentación de solicitudes.

· 2 de maio: Publicación das listas provisionais.

· Do 3 ao 12 de maio: Prazo de reclamacións.

· 27 de maio: Publicación das listas definitivas.

· Do 28 de maio ao 12 de xuño: Prazo de matrícula.

As solicitudes entregaranse naquela escola que elixades de primeira opción. Lembrade que o horario de secretaria de entrega de documentación desta escola, é de: 9:00 a 15:00

Máis información e documentación aquí

EXCURSIÓN PLANETARIO, CASA DE LAS CIENCIAS

DESCRIPCIÓN: Haremos un recorrido por el museo experimentando y observando para aprender muchas cosas nuevas sobre la naturaleza y nuestro entorno, también podremos disfrutar de una proyección en el planetario pensada para nosotros en la que nos acercaremos de una forma divertida a conocer el maravilloso mundo de las estrellas y el firmamento.

  • FECHA: 5 de Marzo
  • HORARIO: de 15:15 a 18:30 (horas de salida y llegada a la Escuela A Canteira)
  • PARTICIPANTES: alumnos del NIVEL 3 (aulas 5, 6 y 7) y familias.

– Por las características de la excursión sólo la podrán realizar los alumnos del nivel 3. Es la edad mínima que nos permiten en el museo y el planetario.

Cada niño/a debe ir acompañado de un adulto.

  • PRECIO:

– SOCIOS DEL ANPA: 2 euros niño + 2 euros por acompañante

– NO SOCIOS DEL ANPA: 4 euros niño + 4 euros por acompañante

Las familias que por su situación personal no pudiesen hacerse cargo de este importe, que se pongan en contacto con algún miembro de la directiva del ANPA.

  • FORMA DE APUNTARSE: a partir del próximo martes 19 en la propia escuela, en el tablón del nivel, la plaza se reservará al entregar la autorización en dirección, el abono se realizará en el momento de la inscripción.
  • FECHA LÍMITE PARA APUNTARSE: Miércoles 27 de febrero
  • CONTACTA CON NOSOTRAS: si tienes cualquier pregunta no dudes en consultarla con nosotras, o bien personalmente o en el correo anpaacanteira@gmail.com

AS CABAZAS EN XANEIRO

Bos días a tod@s!


Aquí estamos as cabaciñas para facervos unha pequena mostra das moitísimas cousiñas que facemos na escola. Unhas moi fáciles e outras non tanto, mirade, mirade!

Con lentellas e outras sementes xogamos a facer transvases e a manipulalas.

Con embases de iogur e arroz, fixemos maracas. A que non sabedes de que cor?

Con pintura de dedos da mesma cor pintamos unha hortaliza. A que non sabedes cal?


Con pintura de dedos tamén pintamos esa flor á que tanto lle gusta o sol e nos dá esas pipas que tanto nos gusta a nós.


E despois de pintar o xirasol pegámoslle as pipas.


Pero antes… catámolas!

Ata outra amiguiñ@s!
Que teñades un bo día!