Nas seguintes fotos ides a ver o ben que o pasamos na Canteira xogando e experimentando coa terra e todos os elementos necesarios para que a nosa horta siga medrando. ¡Xa pronto teremos que empezar a sementar!. Tamen nos queda tempo para cantar cancións ao ritmo das nosas maracas feitas por nos mesmos e recibir a visita de algún amigo inesperado. ¡Que o disfrutedes!
Arquivos mensuais: Xaneiro 2013
A sala das cenorias no mes de Decembro
Esta é unha pequena mostra de todo o que traballamos e experimentamos no mes de Decembro. Como podedes ver probamos froitas típicos do nadal como as uvas, piña e tamén as manipulamos e sacamos as súas sementes. Fixemos as nosas tarxetas de felicitación do Nadal con estampación de cenorias e como non, manipulamos terra e atopamos pequenos sorpresas escondidas dentro de ela. Puxémonos moi contentos desenvolvendo os nosos agasallos para decorar a escola na festa de Nadal. ¡ Qué divertido!
Sala das cebolas no mes de decembro
AS CABAZAS EN DECEMBRO
OLA A TOD@S!
Como se portaron eses Reis Magos?
E vós?
Seguro que moi ben, así que para recompensarvos o esforzo, aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos as cabazas da sala 3 durante o pasado mes na escola.
Que as disfrutedes!
Pintamos marabillosas obras de arte, coas que logo fixemos farolillos para decorar a escola no Nadal.
Xogamos e manipulamos adornos navideños de diferentes texturas para traballar o sentido do tacto, e tamén o do gusto, claro, porque xa sabedes que nos encanta probalo todo!
Fomos de visita á zona do estanque para xuntarnos cos bebés e, entre tod@s, cantamos panxoliñas e tocamos instrumentos musicais.
Puxemos todo o noso empeño en felicitarvos as festas mediante unhas estupendas postais de Nadal, que fixemos con todo o noso cariño empregando pintura de dedos e brillantinas.
Solidarizámonos c@s amiguiñ@s que non teñen a nosa sorte, e ofrecémoslles as galletas do noso almorzo porque seguro que el@s as necesitan máis ca nós.
Fixemos un obradoiro de cociña moi doce, no que fixemos turrón de chocolate: con améndoas, noces, cereais, mel e, por suposto, chocolate!
E, coma sempre, seguimos traballando no noso proxecto, pantando e transplantando plantiñas!
A pesar de que xa pasaron os Reis Magos, non vos olvidedes de seguirvos portando ben!
Non vos despistedes!
Ata outra amiguiñ@s!
AS CABAZAS E OS CHÍCHAROS NAS TARDES DE DECEMBRO
BOAS TARDES!
E COMO XA SABEDES, DESPOIS DA SESTA, XUNTÁMONOS CABAZAS E CHÍCHAROS PARA DISFRUTAR DA TARDE: MIRADE, MIRADE!
O cú sento na alfombra que imos contar…e
Como todas as tardes despois da sesta sentámonos na alfombra a escoitar un conto… Este día sorprendeumos Montse co conto de Aínda nada? no que xira o noso proxecto da horta.
Despois de ver o conto xogamos a meter nun bote as sementes das cabazas e noutro as dos chícharos. Que difícil e isto da clasificación!
Os luns temos como rutina facer a sesión de xogo heurístico.Hoxe manipulamos tapas e botes de distintos tamaños.
Primeiro presentamos as tapas e despois os botes; adicamos un tempo longo a xogar sen a intervención do adulto.
E para rematar a sesión, a recollida e clasificación dos materiais constitúen unha parte importantísima no xogo heurístico.
UN BIQUIÑO PARA TOD@S E ATA A PRÓXIMA!
OS CHÍCHAROS EN DECEMBRO
OLA FAMILIAS!
AQUÍ VOS VAI UNHA PEQUENA MOSTRA DO QUE FIXEMOS OS CHÍCHAROS DA AULA 4 DURANTE ESTE MES DE DECEMBRO:
Son , son son un caracol col col,
e se ves tras de min ten coidado non me pises…
Viñeron visitarnos moitos caracois á aula, con eles aprendemos moitas cousas: que teñen o corpo brando e unha cuncha dura, que sacan os cornos cando van de paseo, que comen leituga, e tamén galletas!!
Fixemos caracois de plastilina cos que xogamos a deixar un camiño por enriba da xelatina!
E gota a gota comezou a chover,
e gota a gota non paraba de chover…
E aínda así, puxemos as nosas botas de auga, chuvasqueiros e paraugas e saímos de excursión ao xardín.
Que ben o pasamos mollando as botas na herba e saltando enriba dos charcos!
Xa empezamos a prepararnos para o Nadal. Este ano pintamos con pinceis unhas cartolinas que se transformaron en farois para decorar a árbore que temos na casa.
ATA OUTRA FAMILIAS!
QUE BEN O PASAMOS ESTOS DÍAS!!!!!!! CANTANDO PANXOLIÑAS , XOGANDO COAS LUCES DE NADAL…..