FESTA DE ENTROIDO

Ola familias!

O vindeiro 8 de Febreiro, de 16:30 – 18:30 horas,  será a festa de Entroido. Para dita celebración cada neno e nena deberá vir disfrazado da casa co disfraz de aula elaborado pola familia.

Agradeceriámosvos que, debido ao pouco espazo co que contamos e para unha mellor organización da festa, cada alumno ou alumna viñera acompañado dun máximo de dous adultos.

Convidámosvos tamén ás familias a que veñades disfrazados igual que os vosos/as fillos/as ou de calquera outra cousiña relacionada co noso proxecto sobre a horta: labradores/as, espantallos, bechos…

E como na festa anterior, precisaremos da vosa colaboración traendo alimentos típicos destas datas, que todos e todas compartiremos con moito gusto, así como da vosa participación no FESTIVAL DE CHIRIGOTAS que imos a levar a cabo ese día.

Así pois, vémonos ás 16.30h na aula correspondente para facer un pequeno ensaio.

Importante: Unha vez subamos ó patio non poderemos facer uso das aulas, so no caso de precisar os baños, polo que se habilitará a aula 5 para tal menester.

Recordarvos tamén que o 8 de febreiro (día da festa) a escola pechará ás 15:00 horas e o 12 de febreiro permanecerá pechada por festividade local.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Un saúdo

O equipo da Escola Infantil A Canteira