Aquí estamos de novo as cabazas e os chícharos do Nivel II para mostrarvos algunhas sorpresas que tivemos na escola durante o Nadal.
Desempaquetamos uns agasallos que nos deron Mónica e María. Que sorpresa ó ver que eran os adornos que fixeramos coas nosas familias na casa!!! E con eles adornamos o patio para que quedara bonitiño para a festa. Logo recollémolos e gardámolos nas nosas Caixiñas da Vida.
E Roque, un amiguiño do Nivel III, máis súa nai, trouxeron de visita a súa mascota: unha cobaia moi amigable!
Xa sabedes familias, se vós tamén queredes pasar un ratiño agradable connosco, como a nai de Roque, ide argallando algo co que sorprendemos.
Bicos!
One thought on “AS SORPRESAS DAS CABAZAS E DOS CHÍCHAROS”
¡Que ben o pasan os nosos bonecos!