A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín emitido o día 17-01-2013 ás 08:56 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por CHUVIA.
A CORUÑA: A partir das 06:00 horas do 18-01-2013, a precipitación acumulada en 12 horas poderá superar os 60 mm e a precipitación acumulada en 1 hora poderá chegar a 15 mm. nas zonas de Interior, Oeste e Suroeste (NIVEL AMARELO).
Polo que dende a nosa escola pedímosvos que adoptedes as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas.
Un saúdo do Equipo Educativo.