OS CHÍCHAROS ENTRE PAPEIS

Hai veces que os mellores momentos xorden sen planificar…

Aquí podedes ver que ben o pasamos este día lanzándonos uns aos outros tiras de papel. Primeiro empezamos lanzándoos polo aire como se de pingas de auga se trataran; pero en canto descubrimos o divertido que era lanzalo por enriba das cabezas dos compis,  non houbo ninguén que nos parase.

Xa sabedes cun pouco de papel que tiñades en casa, podedes converter un día calquera nun momento inolvidable!

tiramos-papel

FESTA DE ENTROIDO

Ola familias!

O vindeiro 8 de Febreiro, de 16:30 – 18:30 horas,  será a festa de Entroido. Para dita celebración cada neno e nena deberá vir disfrazado da casa co disfraz de aula elaborado pola familia.

Agradeceriámosvos que, debido ao pouco espazo co que contamos e para unha mellor organización da festa, cada alumno ou alumna viñera acompañado dun máximo de dous adultos.

Convidámosvos tamén ás familias a que veñades disfrazados igual que os vosos/as fillos/as ou de calquera outra cousiña relacionada co noso proxecto sobre a horta: labradores/as, espantallos, bechos…

E como na festa anterior, precisaremos da vosa colaboración traendo alimentos típicos destas datas, que todos e todas compartiremos con moito gusto, así como da vosa participación no FESTIVAL DE CHIRIGOTAS que imos a levar a cabo ese día.

Así pois, vémonos ás 16.30h na aula correspondente para facer un pequeno ensaio.

Importante: Unha vez subamos ó patio non poderemos facer uso das aulas, so no caso de precisar os baños, polo que se habilitará a aula 5 para tal menester.

Recordarvos tamén que o 8 de febreiro (día da festa) a escola pechará ás 15:00 horas e o 12 de febreiro permanecerá pechada por festividade local.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Un saúdo

O equipo da Escola Infantil A Canteira

OS DISFRACES DA CANTEIRA

Ola familias!

Con motivo da chegada da festividade do Entroido, a Escola Infantil “A Canteira” achégavos a programación de actividades que vos ofrecemos para desfrutar destas datas:

Levaremos a cabo uns obradoiros de disfraces dirixidos ás familias, para a elaboración dos disfraces dos vosos pequenos e pequenas. Levaranse a cabo os seguintes días:

· Mércores 30 de xaneiro de 17 a 18h eleborarán o seu disfraz:

O nivel  I ( 0-1) no estanque.

O nivel II (1-2)  no corredor.

· Xoves  31 de xaneiro de 17 a 18h elaborarán o seu disfraz:

O nivel III ( 2-3) no corredor

E do día 4 de febreiro ao 8 de Febreiro, contaremos coa visita dunha personaxe típica do Entroido galego; o Meco, do que xa vos iremos informando máis adiante.

Xa para despedir estas festas, o luns 11 de febreiro, será o día do disfraz libre.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Un saúdo

O equipo da Escola Infantil A Canteira

AS SORPRESAS DAS CABAZAS E DOS CHÍCHAROS

Ola familias!

Aquí estamos de novo as cabazas e os chícharos do Nivel II para mostrarvos algunhas sorpresas que tivemos na escola durante o Nadal.

Desempaquetamos uns agasallos que nos deron Mónica e María. Que sorpresa ó ver que eran os adornos que fixeramos coas nosas familias na casa!!! E con eles adornamos o patio para que quedara bonitiño para a festa. Logo recollémolos e gardámolos nas nosas Caixiñas da Vida.

E Roque, un amiguiño do Nivel III, máis súa nai, trouxeron de visita a súa mascota: unha cobaia moi amigable!

Xa sabedes familias, se vós tamén queredes pasar un ratiño agradable connosco, como a nai de Roque, ide argallando algo co que sorprendemos.

Bicos!

UN AMIGO NOVO DE VISITA NA CANTEIRA

Neste mes de Xaneiro tivemos unha visita dun novo amigo, de catro patas, que fixo as delicias de todos os nenos/as da canteira. Este amigo portóuse moi ben e tiña mitas ganas de xogar, e aínda que algún se asustou un pouquiño, moi pronto querian acaricialo e darlle de comer as súas galletas favoritas. Gracias por anticipado aos papás de Duarte pola súa colaboración. Un saúdo e, ¡ata a próxima!

ALERTA LARANXA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín emitido o día 17-01-2013 ás 08:56 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por CHUVIA.

A CORUÑA: A partir das 06:00 horas do 18-01-2013, a precipitación acumulada en 12 horas poderá superar os 60 mm e a precipitación acumulada en 1 hora poderá chegar a 15 mm. nas zonas de Interior, Oeste e Suroeste (NIVEL AMARELO).

Polo que dende a nosa escola pedímosvos que adoptedes as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas.

Un saúdo do Equipo Educativo.

INFORMACION ANPA

EXCURSIÓN AQUARIUM

DESCRIPCIÓN: Visitaremos la Casa de los Peces, donde a nuestra llegada nos recibirán sus monitores para acompañarnos en un recorrido fascinante por el fondo del mar, en el que podremos conocer mucho mejor a nuestros amigos los peces, y ¡veremos tiburones!. El personal del museo nos preparará actividades acordes a nosotros.

FECHA: 29 de Enero

HORARIO: 09:15 a 12:45

PARTICIPANTES: alumnos de todos los niveles, familias y profesorado

– NIVEL 1: El alumno debe ir obligatoriamente acompañado por un familiar.

– NIVELES 2 Y 3: Se recomienda encarecidamente que el alumno vaya acompañado por un familiar (madre, padre, abuelos, tíos…)

Si muchos niños van “solos” otros papás tendrían que hacerse cargo de otro niño además del suyo.

PRECIO:

– SOCIOS DEL ANPA: 2 euros por persona

– NO SOCIOS DEL ANPA: 4 euros por persona

Las familias que por su situación personal no pudiesen hacerse cargo de este importe, que se pongan en contacto con algún miembro de la directiva del ANPA o del profesorado.

FORMA DE APUNTARSE: en la propia escuela, hablar con vuestras tutoras, el abono se realizará en el momento de la inscripción.

FECHA LÍMITE PARA APUNTARSE: Martes 22 de Enero

CONTACTA CON NOSOTRAS: si tienes cualquier pregunta no dudes en consultarla con nosotras, o bien personalmente o en el correo anpaacanteira@gmail.com

A TENER EN CUENTA:

– Se regresará a la hora de comer, a partir de ahí los horarios de los niños en la escuela serán los de siempre.

– Los padres de los niños que habitualmente hacen uso del comedor si ese día no lo van a hacer deben avisar en la escuela con anticipación.

– En la Casa de los Peces habrá actividades reservadas para los más “mayorcitos” con los monitores del centro, los padres no deben separarse del resto del grupo.