Ola familias!
Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que fixemos os chícharos coas cabazas, durante este mes de novembro:
A chegada do outono trouxo consigo moitos froitos cos que poder experimentar…este día tocounos a granada!Pasámolo moi ben esmagando os seus grans de cor vermellos.
Como non todo vai ser esmagar, tivemos unha rica degustación de figos, acompañada dunha rica marmelada caseira e con tostadas.
Puxémonos as botas!
Que sorpresa tan chula. A nai de Mila, da sala da cebola, trouxo unha kika e os seus pitiños: escoitamos o seu son, vimos as súas plumas de cores, quedámonos boqui abertos cos pitiños…en fin un día inolvidable!
Para o magosto tocounos traballar un pouquiño. Coas caixas de leite que trouxechedes puidemos facer uns cestiños que logo pintamos e decoramos para a gran festa. Quedaron moi chulos!
Ata outra!