Benqueridas familias:
Xa está aquí o Nadal e dende a escola querémosvos invitar á festa que se celebrará o vindeiro 21 de decembro, en horario de 16:30 a 18:30 horas.
De 16:30 a 17:00 (aproximadamente) celebrarase a representación da obra de teatro titulada: “A toupiña Avara”, na que participarán algúns pais/nais da escola en colaboración co persoal educativo.
O reparto será o seguinte:
– Narrador: Rosario López (sala da cabaza)
– Toupiña: Ana María Sánchez (sala da pataca)
– Caracol Ramón: Alberto Ramón Mariño( sala da leituga)
– Xoaniña: Sara Marqués( sala do tomate)
– Cempés: Lucía Seoane (sala da cebola)
– Saltón: Ana Mª Castro (sala da cabaza)
– Abella: Mª Yolanda Lale (sala da cenoira)
– Formiga: Vanessa Oliveira (sala da pataca)
– Araña: María Temes (sala dos chícharos)
A partires das 17.00 terá lugar a CHOCOLATADA na que podedes colaborar traendo algo para acompañar: churros, biscoitos, galletas…
Moitas grazas pola vosa colaboración
Un saúdo e BOAS FESTAS
O equipo da Escola Infantil A Canteira