AS CABAZAS EN NOVEMBRO

Ola a tod@s!

Aquí estamos, unha vez máis, as laranxiñas cabaciñas para mostrarvos o que fixemos na escola durante o pasado mes de novembro.

Como non podía ser doutra maneira, manipulamos cabazas, a hortaliza da nosa aula, e aproveitamos as súas semillas (pipas de cabaza) para logo sementalas.

Sementamos pipas de cabaza…

E transplantamos outras plantas que xa medraran e necesitaban máis espazo para seguir crecendo.

E logo, como hai que compartir, regalámoslles a cada aula unha plantiña de cabaza.

Tamén coñecemos animais da terra. Primeiro vímolos de verdade e logo intentámolos representar mediante outros medios.

Mirade que bonitos nos quedaron os caracois de plastilina!

E como somos moi cariñosos e coidadosos cos animaliños, ata recibimos algunha que outra visita sorpresa, como por exemplo, a desta rá!

E para rematar, que mellor maneira de coñecer ós animaliños que mendiante o chocolate?

Mirade, mirade que bonita nos quedou a nosa miñoca!

Ata outra amiguiñ@s!