Arquivos mensuais: Decembro 2012
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
FESTA DE NADAL. REPRESENTACIÓN TEATRAL
FELICES FESTAS
TEMPO DE NADAL, TEMPO DE COMPARTIR
Ola a tod@s!
Xa estades list@s para celebrar a FESTA DE NADAL que terá lugar na nosa escola, mañá, ás 16:30h?
Pois nós sí!
E para que non nos colla nada de sorpresa, as cabaciñas da sala 3, xa estivemos ensaiando…
XUNTÁMONOS C@S AMIGUIÑ@S LEITUGAS E TOMATES DA SALA 1 E 2, PARA TOCAR INSTRUMENTOS E CANTAR PANXOLIÑAS.
XUNTÁMONOS C@S AMIGUIÑ@S CHÍCHAROS DA SALA 4, PARA FACER UN BAILONGO CON GLOBOS E CONFETI.
E CONVOSCO XUNTARÉMONOS MAÑÁ, NA FESTA DE NADAL!
ESPERÁMOSVOS!
CAMBIO MENÚ DECEMBRO
Os nosos traballiños do mes de novembro
Mirade que ben o pasamos as Leitugas e os Tomatiños!!, e coa visita dos bichiños?, buff que animaliños mais pequeniñoss!!!! e os pitiños…..este foi un mes de moitas sorpresas!!!!!!!!!!!!!!!!!
FESTA DE NADAL E HORARIOS
Benqueridas familias:
Este Venres, día 21, celebraremos na Escola a Festa de Nadal.
A Escola pechará ás 15:00 h. Recordarvos que este día non haberá servizo de dormitorio.
A Festa dará comezo ás 16:30 h (Rogamos puntualidade)
Xa que os actos da Festa terán lugar no patio principal, quedara habilitada a AULA 5 para posibles “emerxencias”.
TEDES MAIS INFORMACIÓN NOS PANEIS DOS VOSOS NIVEIS.
Moitas grazas pola vosa colaboración
Un saúdo e BOAS FESTAS
O equipo da Escola Infantil A Canteira
FESTA DE NADAL E REPRESENTACIÓN TEATRAL
Benqueridas familias:
Xa está aquí o Nadal e dende a escola querémosvos invitar á festa que se celebrará o vindeiro 21 de decembro, en horario de 16:30 a 18:30 horas.
De 16:30 a 17:00 (aproximadamente) celebrarase a representación da obra de teatro titulada: “A toupiña Avara”, na que participarán algúns pais/nais da escola en colaboración co persoal educativo.
O reparto será o seguinte:
– Narrador: Rosario López (sala da cabaza)
– Toupiña: Ana María Sánchez (sala da pataca)
– Caracol Ramón: Alberto Ramón Mariño( sala da leituga)
– Xoaniña: Sara Marqués( sala do tomate)
– Cempés: Lucía Seoane (sala da cebola)
– Saltón: Ana Mª Castro (sala da cabaza)
– Abella: Mª Yolanda Lale (sala da cenoira)
– Formiga: Vanessa Oliveira (sala da pataca)
– Araña: María Temes (sala dos chícharos)
A partires das 17.00 terá lugar a CHOCOLATADA na que podedes colaborar traendo algo para acompañar: churros, biscoitos, galletas…
Moitas grazas pola vosa colaboración
Un saúdo e BOAS FESTAS
O equipo da Escola Infantil A Canteira
AS CABAZAS EN NOVEMBRO
Ola a tod@s!
Aquí estamos, unha vez máis, as laranxiñas cabaciñas para mostrarvos o que fixemos na escola durante o pasado mes de novembro.
Como non podía ser doutra maneira, manipulamos cabazas, a hortaliza da nosa aula, e aproveitamos as súas semillas (pipas de cabaza) para logo sementalas.