O SAMAÍN COAS CABAZAS E OS CHÍCHAROS

MOUCHOS, CURUXAS, SAPOS E BRUXAS…

Á nosa escola tamén chegou o Samaín o venres pasado, e queredes saber o que fixemos?

Primeiro subimos a ver as cabazas que, con tanto esmero, decoráramos coas familias, e alí cantamos a canción do Samaín.

E logo baixamos á aula onde nos agardaba unha terrorífica sorpresa! Jooo, jooo, jooo!

Como vedes, estamos de celebración en celebración. O venres pasado fixemos a festa das cabazas e este venres a festa das castañas, pero para ver o ben que o pasamos no Magosto, teredes que agardar un pouquiño máis…

Boa fin de semana, familias!

AS CABAZAS EN OUTUBRO

Ola a tod@s!

Aquí estamos @s pequenas cabaciñas da sala 3, para agasallarvos cunha pequena mostra do moito que traballamos durante este mes na escola:

Adornamos a Rufo e a Rufa, @s nos@s amiguiñ@s ourizos, con millo e castañas.

Traballamos a psicomotrocidade fina insertando froitos do outono.

Subimos ó recanto do outono para explorar e manipular os elementos que ían aparecendo.

Fixemos cabaciñas de arcilla e logo pintámolas.

Comezamos a traballar no noso proxecto sobre a horta manipulando terra.

E aínda fixemos moitas cousiñas máis, pero sempre con moitas risas e pasándoo moi ben!

Lembrade que todas estas fotiños do mes de outubro as podedes ver tamén, en formato papel, no panel de fotos que está na entrada da escola.

QUE TEÑADES UNHA MOI BOA FIN DE SEMANA E ATA LUNS!

OS CHÍCHAROS EN OUTUBRO

Ola familias!

Unha vez superado o período de adaptación, gustaríanos agasallarvos cunha pequena selección de fotos sobre as rutinas e as actividades que fixemos @s pequen@s chícharos da sala 4.

Esperamos que as disfrutedes!

QUE DISFRUTEDES DA FIN DE SEMANA!

Ola familias! Aquí vos vai unha pequena mostra dos nosos primeiros contactos coa escola, cos compis e coas profes….e como xa sabedes tamén empezamos co noso proxecto sobre a horta. Esperamos que disfrutedes destas fotiños. Proximamente máis!!!!!!!!

AÍNDA NADA CHEGOU Á CANTEIRA!

Ola a tod@s!

Xa temos aquí o noso marabilloso conto de texturas do noso proxecto sobre a horta: “Aínda nada?”

O señor Luís sementa un granciño…

… o señor Luís rega a terra,

e agora o señor Luís está esperando a que xermine a semente…

A ver se adiviñades vós que hortalizas nacerán desa planta…