NECESITAMOS ACTORES E ACTRICES PARA A REPRESENTACIÓN TEATRAL DA FESTA DE NADAL

Benqueridas familias:

Case sen darnos conta xa está aquí o Nadal, e dende a escola querémosvos animar a participar da festa que se celebrará o vindeiro 21 de decembro.

Este ano gustaríanos facer unha pequena representación teatral tendo como fío conductor a temática da horta.

A personaxe da historia é unha toupiña un pouco egoísta, que se adica a recoller todas as hortalizas da horta e non deixa ningunha para compartir cos demáis animaliños (cada aula estaría representada por un adulto disfrazado dun animal da terra: unha xoaniña, un caracol, unha formiga,unha abella, unha araña, un cempés e un saltón). Cando chega o Nadal ninguén a convida á súa cea… Ao final a toupiña dáse conta de que é mellor ter poucas cousas materiais pero xente coa que poder compartilas.

Para esta pequena obra de teatro imos necesitar unha nai/pai, avó/avoa, tío/tía…de cada aula. O máis importante e que teña moitas gañas de pasar un momento divertido.

O disfraz sería algo moi sinxelo, nunha bolsa negra pegaríamos a imaxe do animal, pero non  vos preocupedes que nós encargámonos de todo iso!

As persoas que esteades interesadas en participar falade cos titores dos vosos fillos o antes posible, xa que o tempo se nos vota enriba.

Sabede que o equipo educativo vaivos a dar o texto da historieta,  e estaría encantado en quedar para ensaiar antes da estrea.

Non o pensedes máis, ide falar axiña para empezar canto antes.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Un saúdo o equipo da Escola Infantil A Canteira