RELAXÁMONOS COS CHÍCHAROS

A relaxación, sempre que se practique habitualmente, produce nos nenos e nenas unha valoración mais positiva da imaxe que empezan a costruir de si mesmos.

A relaxación infantil presenta nos menores moitos beneficios como é  a diminución da ansiedade, o aumento da capacidade de concentración…e ademais incrementa a súa alegría e espontaneidade.

Neste vídeo que colgamos podedes ver a sesión de relaxación que facemos todos os días antes de ir xantar. A nosa protagonista é a nube; imitando os momentos da canción pasamos do movemento rápido ao lento, ata quedar deitados no chan.

Ao longo deste curso ensinármosvos estratexias e xogos para que o practiquedes na casa e así conseguir optimizar os seus beneficios.

Un saúdo a ate a próxima.

video-3

One thought on “RELAXÁMONOS COS CHÍCHAROS

  1. Xenial, ¡¡¡por fin vos animastes a poñernos un!!!! Non sei que escribirvos pero estou encantada. De todo corazón GRACIAS!!!!.

Os comentarios non están permitidos