AS BOTAS-MACETAS DAS CABAZAS

Ola familias!

Xa víchedes o moito que medraron as nosas plantiñas de cabaza que sementamos nas botas da porta?

Pois aquí vos deixamos un resumo do noso traballo e do seu crecemento:

PRIMEIRO BALEIRAMOS UNHA CABAZA.

LOGO RECOLLEMOS AS SEMILLAS QUE TIÑA DENTRO.

DESPOIS PLANTAMOS AS SEMENTES CON MOITO CARIÑO…

…SEN OLVIDARNOS DE REGALAS DIARIAMENTE, porque ós granciños gústalles medrar na terra ben pisada e ben húmida.

E AQUÍ ESTÁ O RESULTADO DO NOSO ESFORZO!

AGORA SÓ TEMOS QUE TER PACIENCIA E ESPERAR A QUE SIGAN MEDRANDO, porque ás plantiñas gústalles sentir que alguén as quere e as agarda.

Ata outra amiguiñ@s!

Nós seguiremos por aquí, entre sementes, plantas, regadeiras e moita terra!!!

NECESITAMOS ACTORES E ACTRICES PARA A REPRESENTACIÓN TEATRAL DA FESTA DE NADAL

Benqueridas familias:

Case sen darnos conta xa está aquí o Nadal, e dende a escola querémosvos animar a participar da festa que se celebrará o vindeiro 21 de decembro.

Este ano gustaríanos facer unha pequena representación teatral tendo como fío conductor a temática da horta.

A personaxe da historia é unha toupiña un pouco egoísta, que se adica a recoller todas as hortalizas da horta e non deixa ningunha para compartir cos demáis animaliños (cada aula estaría representada por un adulto disfrazado dun animal da terra: unha xoaniña, un caracol, unha formiga,unha abella, unha araña, un cempés e un saltón). Cando chega o Nadal ninguén a convida á súa cea… Ao final a toupiña dáse conta de que é mellor ter poucas cousas materiais pero xente coa que poder compartilas.

Para esta pequena obra de teatro imos necesitar unha nai/pai, avó/avoa, tío/tía…de cada aula. O máis importante e que teña moitas gañas de pasar un momento divertido.

O disfraz sería algo moi sinxelo, nunha bolsa negra pegaríamos a imaxe do animal, pero non  vos preocupedes que nós encargámonos de todo iso!

As persoas que esteades interesadas en participar falade cos titores dos vosos fillos o antes posible, xa que o tempo se nos vota enriba.

Sabede que o equipo educativo vaivos a dar o texto da historieta,  e estaría encantado en quedar para ensaiar antes da estrea.

Non o pensedes máis, ide falar axiña para empezar canto antes.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Un saúdo o equipo da Escola Infantil A Canteira

RELAXÁMONOS COS CHÍCHAROS

A relaxación, sempre que se practique habitualmente, produce nos nenos e nenas unha valoración mais positiva da imaxe que empezan a costruir de si mesmos.

A relaxación infantil presenta nos menores moitos beneficios como é  a diminución da ansiedade, o aumento da capacidade de concentración…e ademais incrementa a súa alegría e espontaneidade.

Neste vídeo que colgamos podedes ver a sesión de relaxación que facemos todos os días antes de ir xantar. A nosa protagonista é a nube; imitando os momentos da canción pasamos do movemento rápido ao lento, ata quedar deitados no chan.

Ao longo deste curso ensinármosvos estratexias e xogos para que o practiquedes na casa e así conseguir optimizar os seus beneficios.

Un saúdo a ate a próxima.

video-3

VINDEIRO PROCESO DE BAREMACIÓN EXTRAORDINARIO DE DECEMBRO PARA O CURSO 12-13

PREZADAS FAMILIAS:

O DERRADEIRO PRAZO DE RECOLLIDA DE SOLICITUDES DE INGRESO NAS ESCOLAS INFANTÍS DA REDE DA GALIÑA AZUL REMATA O 30 DE NOVEMBRO.

A PARTIR DE ENTÓN COMEZA O PERIODO DE BAREMACIÓN, PUBLICACIÓN DE LISTAS, PRAZO DE RECLAMACIÓN, FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ATA QUE POR FIN O 21 DE FEBREIRO ENTRAN NA ESCOLA AS CRIANZAS.

VELAQUÍ A RESOLUCIÓN E O CADRO RESUMO.

Publicacion das listas provisionais

Prazo de reclamacións

Publicacion das listas definitivas

Prazo de Matrícula

Ingreso na escola

20 de Decembro

Do 21 a 30 de Decembro

15 de Xaneiro

do 16 a 18 de Xaneiro

21 de Febreiro

PASADO O 21 DE FEBREIRO, NAS ESCOLAS NAS QUE QUEDEN VACANTES, AS CRIANZAS PODERÁN ENTRAR POR ORDEN DE CHEGADA DE SOLICITUDES, PERO SEN DEREITO A RENOVAR DIRECTAMENTE PARA O CURSO 13-14.