Ola familias!
Este pasado luns @s amiguiñ@s da Canteira tivemos unha hortisorpresa! Charo, a monitora da nosa horta, veu visitarnos cargada de cousiñas sobre a horticultura…
… tróuxonos para contar o conto de “Aínda nada?”, que é conto do noso proxecto sobre a horta…
… tróuxonos unha maceta para cada aula, para que plantemos a semilliña da nosa hotaliza…
… e tamén nos trouxo moitas cousiñas máis: MIRADE, MIRADE!
O que nos trouxo ós tomates e ás leitugas do nivel I:
O que nos trouxo ás cabazas e ós chícharos do nivel II:
O que nos trouxo ás cebolas, ás cenorias e ás patacas do nivel III:
Bueno familias, a nós aínda nos queda moito por sementar, regar e coidar, así que xa vos deixamos que temos moito que traballar!