UNHA HORTISORPRESA VEU POLA CANTEIRA!

Ola familias!

Este pasado luns @s amiguiñ@s da Canteira tivemos unha hortisorpresa! Charo, a monitora da nosa horta, veu visitarnos cargada de cousiñas sobre a horticultura…

… tróuxonos para contar o conto de “Aínda nada?”, que é conto do noso proxecto sobre a horta…

… tróuxonos unha maceta para cada aula, para que plantemos a semilliña da nosa hotaliza…

… e tamén nos trouxo moitas cousiñas máis: MIRADE, MIRADE!

O que nos trouxo ós tomates e ás leitugas do nivel I:

O que nos trouxo ás cabazas e ós chícharos do nivel II:

O que nos trouxo ás cebolas, ás cenorias e ás patacas do nivel III:

Bueno familias, a nós aínda nos queda moito por sementar, regar e coidar, así que xa vos deixamos que temos moito que traballar!

SAMAÍN

Benqueridas familias:

Dende a Escola Infantil “A Canteira” queremos celebrar co noso alumnado a festa do Samaín na súa xornada ordinaria, e para iso pedimos a vosa colaboración coa finalidade de que nos traiades da casa cabazas decoradas.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

O equipo educativo do nivel II e III

O OUTONO CHEGA Á CANTEIRA!

OLA FAMILIAS!

O outono xa chegou á nosa escola, así que para velo máis de preto, as cabaciñas e os chícharos do nivel II, saímos a dar unha voltiña polo xardín grande para ver que cousiñas otoñais atopábamos…

ATOPAMOS PIÑAS:

ATOPAMOS COGUMELOS:

ATOPAMOS PERAS E MAZÁS, FOLLAS SECAS E MOITAS COUSIÑAS MÁIS!

ATA OUTRA FAMILIAS E ABRIGÁDEVOS BEN!