CANLES DE COMUNICACIÓN FAMILIA – ESCOLA

Prezadas familias:

Para que exista un bo intercambio de información, desde a escola poñemos á vosa disposición varias canles de comunicación:

INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN CONCRETA, a través de:

– Panel de Incidencias para os niveis II e III: cadros individuais para cada neno/a, onde se rexistra como foi a súa xornada a nivel alimentación, hixiene e sono. O apartado de observación está pensado para que deixedes por escrito os recados, co fin de que non se perda a información.

– Axendas: empréganse só no nivel I

– Libreta de aula: Nesta canle trasladámosvos diariamente as actividades que levamos a cabo durante a xornada.

– Os boletíns: Son uns rexistros de avaliación dos vosos/as fillos/as o cal se vos entrega cuatrimestralmente.

– As titorías: Son encontros  nos que tanto vós coma nós intercambiamos información e inquietudes sobre os/as nenos/as. Podedes solicitalas ós titores ó longo de todo o curso.

INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN XERAL, a través de:

– Recanto de pais e nais: É un lugar onde se vos informa das propostas educativas (onde se solicita a vosa colaboración) e das circulares. Importante que o leades diariamente.

– Recanto das familias: É un espazo adicado a vós exclusivamente onde podedes atopar información variada sobre temas do voso interese: control de esfínteres, alimentación… Está situado na entrada do centro, xunto co RECANTO DA  ANPA

O noso blogue, onde iremos publicando os menús mensuais, as circulares xerais, e outro tipo de comentarios relacionados co día a día na nosa escola.

Un saúdo do equipo educativo

OS MANDILÓNS DO NIVEL II E III

Estimadas familias:

Unha vez iniciado o curso, queremos pedirvos a vosa colaboración para reforzar a autonomía dos nenos/as e axudarnos a axilizar o noso traballo, e, polo tanto, a mellor atención dos vosos fillos/as. Así pois, agradecémosvos que lle poñades velcro ós mandilóns. Non é necesario que merquedes mandilóns novos, basta con que lle poñades velcro na zona dos botóns.

E para favorecer a hixiene dos nenos/as necesitaremos sempre dous mandilóns limpos na escola: un para as actividades e outro para a hora do xantar. Ámbolos dous mandilóns mandarémosvolos para lavar tódolos venres.

Aquelas familias que necesitedes mandilóns a maiores, debedes saber que o único que vos pedimos é que teña velcro, os demais elementos, como a cor ou os debuxos, é unha decisión persoal de cada familia. E para aquelas familias que lles interese, na recepción do centro podedes mercar un mandilón co logotipo do Consorcio (custe: 12 euros).

Non vos esquezades de que tanto os mandilóns, coma a roupa e todo o que traiades da casa, ten que vir ben marcado co nome.

Desculpade as molestias e grazas pola vosa colaboración.

O equipo educativo.

MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2012-2013

Prezadas familias:

En relación ao material escolar necesario para o curso 2012-2013, achegámosvos nesta circular, unha relación dos materiais necesarios, valorados polo equipo educativo e axustados a cada tramo de idade do ciclo 0-3 anos.

Para establecer unha fórmula viable de xestión deste material, a cada aula asígnaselle uns elementos de xogo e actividades válidos para desenvolver as súas capacidades e habilidades.

O material educativo ten que cumprir unha serie de condicións: debe ser seguro, resistente e duradeiro; de fácil manexo, atractivo, polivalente e non moi estructurado.

O gasto máximo para o material educativo será de 20 euros por neno matriculado, para todo o curso: 10 euros irán destinados para este material e outros 10 euros para material funxible que se vos pedirá ó longo do curso.

Para que non se repitan os materiais, podedes poñervos de acordo, e mercalos en conxunto coa aula que vos corresponda.

Así pois, o material escolar correspondente por nivel e aula, sería o seguinte:

NIVEL I

AULA 1: AXÓUXERES E BONECOS DE TEXTURAS E RUIDO

AULA 2: INSTRUMENTOS MUSICAIS E CDS DE MÚSICA INFANTIL

NIVEL II

AULA 3: XOGOS DE AREA E AUGA  E CONSTRUCCIÓNS (CUBILETES e TORRES)

AULA 4: MARIONETAS E PELOTAS

NIVEL III

AULA 5:  ANIMAIS DE TERRA, AUGA, AIRE, GRANXA… E COCHES (TRANSPORTES)

AULA 6: COCINIÑAS E COMIDIÑAS

AULA 7: PUZZLES, ENCAIXABLES E CONTOS DUROS PARA PODER MANIPULAR @S PROPI@S NEN@S

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo do equipo educativo.

A CAIXA DA VIDA

Estimadas familias:

Para este curso 2012-2013 temos unha nova proposta educativa para levar a cabo en colaboración familia e escola: A CAIXA DA VIDA.

A CAIXA DA VIDA é un elemento que acompañará ó neno/a ó longo dos cursos, desde o comezo da súa escolarización na escola A Canteira, ata o final da mesma.

A súa finalidade é a de fomentar un vínculo entre a familia e a escola, participando ambos ámbitos no crecemento, maduración e educación do neno/a.

Esta caixa irá medrando co neno/a e axudaralle a crear unha historia de vida, aportándolle seguridade e confianza, e servindo de elemento de apego para o período de adaptación.

Ó ser un instrumento que van a manipular constantemente os nenos/as, ten que ter unhas características para a súa elaboración:

– Cada familia elixirá unha caixa mediana de cartón, por exemplo, unha caixa de zapatos de adulto.

– Cada familia decorará a caixa libremente, coa axuda do neno/a. Pódese empregar pinturas de cores, gomets, colage…

– Cada familia plastificará a caixa, para aumentar a súa resistencia.

Ó principio de curso, e para o período de adaptación, cada neno/a traerá, dentro da caixa, o obxecto que se corresponda co seu símbolo e unha foto familiar. Esta foto será dun tamaño de 10×15, por un lado irá unha foto actual do neno/a e polo outro lado irá unha foto de tódolos membros da familia. Dita foto tamén será plastificada pola familia.

A medida que avance o curso, tanto as familias como a escola, iremos aportando novos materiais para introducir na caixa. Xa vos iremos informando, así que estade pendente deste recanto de pais e nais.

Aquí vos deixamos un exemplo para que vos sirva de guía:

Moitas grazas pola vosa colaboración.