Listas provisionais de admitidos e excluídos nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio para o curso 2012/2013

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas provisionais de admitidos/as e de lista de agarda nas escolas do Consorcio para o curso 2012-2013, establecéndose un prazo de reclamacións de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación.
Nota: As listas provisionais non outorgan dereito a praza xa que poden sufrir modificacións durante o periodo de reclamacións.
As listas definitivas publicaranse o vindeiro 11 de xuño.

LISTAS