Queridas familias:

Dado que a cámara de fotos da escola se averiou, non poderemos seguir publicando fotos, aínda que si é posible que publiquemos algunhas máis que foran sacadas antes deste mes de maio.

Desculpade as molestias.

Atte. O equipo educativo.

Listas provisionais de admitidos e excluídos nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio para o curso 2012/2013

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas provisionais de admitidos/as e de lista de agarda nas escolas do Consorcio para o curso 2012-2013, establecéndose un prazo de reclamacións de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación.
Nota: As listas provisionais non outorgan dereito a praza xa que poden sufrir modificacións durante o periodo de reclamacións.
As listas definitivas publicaranse o vindeiro 11 de xuño.

LISTAS